Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 338
Ligazóns: 35
Visitantes: 1349644

Eres el visitante número

Relafare

Revista de divulgación musical
Noticias
feb 16 2017
Musiqueando 2017 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
jueves, 16 de febrero do 2017
musiqueando_2017.jpg
Última actualización ( jueves, 16 de febrero do 2017 )

ene 17 2017
OURENCANTO PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
martes, 17 de enero do 2017
ourencanto.jpg

Ourencanto é unha iniciativa que pretende achegar o mundo coral a todos os mozos ourensáns de 8 a 18 anos. Serán unhas xornadas de participación e convivencia, rematadas con un gran concerto no Auditorio Municipal de Ourense baixo a direción artística do prestixioso director e compositor Josu Elberdin.

O encontro celebrarase o 4 de febreiro no Conservatorio Profesional de Música e o 5 de febreiro no Auditorio Municipal de Música de Ourense. O concerto de clausura será o 5 de febreiro, ás 19 horas, no Auditorio Municipal de Ourense.

 

Última actualización ( martes, 17 de enero do 2017 )

may 01 2016
ASIGNATURAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
domingo, 01 de mayo do 2016

 

ASIGNATURAS LIBRE CONFIGURACIÓN

Xa que estamos no período de proposta de materias e itinerarios de cara ó curso que vén, e xa que a LOMCE permite deseñar e ofertar materias de Libre Configuración propias de cada centro -co cal a carga lectiva de cada materia pode variar considerablemente-, en Asomúsica estamos contactando con asociados e centros para informar sobre este estratéxico asunto.
Por algún motivo, estamos tendo problemas en facer chegar os nosos correos ós institutos, polo cal pedímosvos que movades esta información entre o profesorado de Música que coñezades.

Nestes momentos, estamos á espera de saber se a Consellería aceptará ou non a nosa proposta dunha materia de Libre Configuración para 1º de ESO denominada "Obradoiro de Música" (1 h semanal), para engadir ó seu catálogo de LC no cal non figuran contidos de Música por ningunha parte.

Por outra banda, estamos intentando reunir unha especia de "banco de programacións" para compartir entre os compañeiros que o necesiten, para que as adapten e presenten nos seus centros e poderen solicitar asignaturas de LC para o seu Departamento.

Podedes contactarnos no noso enderezo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 

Última actualización ( domingo, 01 de mayo do 2016 )

abr 04 2016
Encontro e Musiqueando PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
lunes, 04 de abril do 2016

Moito ánimo para todos os centros que irán a Noia este venres para o V Encontro!

Lembrade que aínda estades a tempo de vos inscribir no Musiqueando 2016

http://musiqueando2016.weebly.com/

cartel_encontro_asomsica.jpg

Última actualización ( lunes, 04 de abril do 2016 )

feb 22 2016
25 ANIVERSARIO DE ASOMÚSICA PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
lunes, 22 de febrero do 2016

E resulta que o pasado xoves 18 de febreiro, Asomúsica cumpriu 25 anos!

Oxalá, por pouco alentador que o panorama sexa, e por moitas informacións e propostas que nos cheguen, mesmo ata a saturación, non deixemos de ver nunca a utilidade e beneficios de existirmos como colectivo.
Por alomenos outros tantos anos de recoñecemento!

Infindas grazas a Carmen Bachmaier, Carmen Losada, Mariano Vázquez, Emilia González, e seguro que bastantes outras persoas que nos deixamos agora no teclado, pola iniciativa naquel ano 1991, pero tamén por meternos neste fantástico lío! Longa vida a Asomúsica!

E aproveitamos para facerlle un repaso á nosa apreixada axenda:

- 26-27 de febreiro, Santiago de Compostela. Curso "Adolescentes, muda da voz e canto coral", con Patrick Freer.
- 4-5 de marzo. Estaremos nas Xornadas de Educación Musical organizadas pola USC e a SEM-EE, en Santiago de Compostela.
- 8 de abril: con todo orgullo celebraremos xa o V Encontro do Alumnado de Música, esta vez en Noia.
- 28 de abril. Aqueles centros que se animen a participar no Musiqueando 2016 organizado pola COAEM en todo o estado, tocarán nas rúas das súas vilas e serán obxecto de todos os obxectivos.

Última actualización ( lunes, 22 de febrero do 2016 )

feb 05 2016
V Encontro PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
viernes, 05 de febrero do 2016

Asomúsica pon en marcha a V edición do Encontro do Alumnado de Música de Secundaria de Galicia! A temática deste ano é "Música galega do século XXI"
Xuntarémonos en Noia, no Coliseo Noela o venres 8 de abril, para desfrutar dun día de música e boa convivencia.

Podedes descargar as bases na seguinte ligazón:
 
https://drive.google.com/file/d/0B90trf4YRDhjVFoybVNScWFjSmdubGVYcV9Hb3BBUXNmWFpB/view?usp=sharing 
 
E para calquera dúbida, escribide a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 
 
Última actualización ( viernes, 05 de febrero do 2016 )

<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 7 - 12 de 118

joomla templates by dezinedepot
© 2017 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.