Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Temos 1 convidado conectados

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 341
Ligazóns: 35
Visitantes: 1372411

Eres el visitante número

Relafare

Revista de divulgación musical
mar 25 2007
Nota de prensa 16 de Marzo PDF Imprimir Correo-e
domingo, 25 de marzo do 2007

A implantación da LOE en Galicia significará a desvertebración da Música na ESO

A Asociación de Profesores de Música de ESO e Bacharelato de Galicia (Asomúsica) acudirá ás mobilizacións conxuntas do Profesorado de Música, Plástica e Tecnoloxía convocadas para o vindeiro mércores 21 a partir das 11:00 na praza da Quintana en Compostela.

Estes días estase a debater intensamente sobre o currículo do ensino que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar. Este currículo entrará en vigor para o próximo curso 2007-08 e significará, entre outras cousas, a desaparición da asignatura troncal de Música en 3º de ESO, que pasará a ofertarse como optativa igual que xa viña sucedendo no 4º curso. Esta nova planificación curricular suporá o illamento da asignatura respecto á Educación Primaria e tamén dentro da propia Secundaria, xa que non se garante a súa supervivencia máis que no 2º curso (único en que aparece como troncal). A súa posición cara o Bacharelato tamén se verá seriamente afectada, pois todos aqueles alumnos que non a escolleran previamente como optativa terana practicamente esquecida (lembremos que se trata dunha materia cun marcado carácter práctico e cuns contidos e metodoloxía únicos). Esta medida virá acompañada pola redución da presenza da música en Primaria, que xunto á posible desaparición da especialidade de Música en Maxisterio (pola adaptación das titulacións ó Espazo Europeo de Educación Superior, aínda en discusión), deixará novamente o ensino obrigatorio da música en precario.

Dito isto queda lamentablemente patente a escasa importancia que, unha vez máis, os gobernantes outorgan ó ensino da Música e á educación mediante a Música neste país. Nestes días en que se decide cómo se concretará a Lei Orgánica de Educación nos nosos centros e que se están a convocar asembleas e mobilizacións por parte dos colectivos afectados, é importante explicar o que estes diferentes colectivos reclamamos e por que. En Asomúsica temos o convencemento de que a planificación da Consellería con respecto á nosa materia non é suficiente por varias razóns:

-A continuidade na materia de Música é crucial para a súa impartición e para a formación dos adolescentes. Ata agora tiñamos un baleiro en 1º de ESO, pero coa LOE a asignatura queda convertida en algo anecdótico ó quedar confinada a un único curso pola eliminación da súa obrigatoriedade en 3º.

-A pesar de quedar unha vía aberta –a da optatividade- para que polo menos o alumnado que o desexe poda continuar coa asignatura no 2º Ciclo da Secundaria, non consideramos esta medida como veraz xa que cremos que a aplicación da lei nos centros pequenos -que son maioría neste noso espallado país- pode prexudicar a libre elección das optativas favorecendo unhas materias sobre outras ou a creación dun determinado tipo de grupo fronte a outros.

-Pensamos que as motivacións que impulsan este recorte en disciplinas imprescindibles para a formación do alumnado carecen de razóns educativas de peso. Unha materia moi beneficiada neste novo currículo será a 2º Lingua Estranxeira, que no plan da Consellería figura como obrigatoria con 2 horas á semana. Parécenos que o estudio obrigatorio de catro linguas durante os catro cursos da ESO é excesivo, pois non axudará ós alumnos que teñen serias dificultades na área de linguas e prexudicará a aqueles que podían atopar na Música o tipo de ensino axeitado. Queda tamén o xuízo de se é máis importante crear novas asignaturas de contidos similares ás xa existentes (Educación para a Cidadanía, Proxecto Interdisciplinar...) ou consolidar e mellorar estas.

-Dende o punto de vista laboral esta redución tamén terá un grave impacto, pese á oferta de traballo que xusto vén de publicar a Consellería estes días: aínda que haxa unha conversión de prazas interinas a definitivas, estaranse creando destinos que en moitos casos non terán horario completo e que obrigarán á impartición das mal chamadas asignaturas afíns; haberá profesorado interino no paro, profesorado fixo que se verá desprazado a outros centros ou que terá que completar horario con tarefas máis ou menos apropiadas, e no ensino privado, despidos e diminución das horas de contrato.

Políticas contraditorias e en contra dunha sociedade creativa e con sentido crítico

E mentres a Consellería de Educación reduce a presenza da educación artística, a Consellería de Cultura mailo IGAEM esfórzanse por crear circuítos de concertos, multiplicar as actuacións musicais por toda Galicia e construír salas, auditorios ou acondicionar espazos para eventos artísticos: non é tristemente contraditorio? Educación e Cultura deberían traballar nunha mesma dirección e unir esforzos; sen embargo parece que mentres unha tenta construír a outra dinamita os seus cementos, especialmente nun momento en que a cultura se reivindica como valor social e económico.

Se non se fomenta unha boa formación musical de base, a nosa sociedade non será competente en música, nin culta, nin desenvolverá un sentido crítico axeitado e, como vén pasando dende hai moito tempo, desprezará unha vez máis a dimensión estética na valoración da vida. Convén lembrar de novo que os países tomados habitualmente como modelos exemplares procuran unha sólida formación musical dende os primeiros niveis do ensino. O deixamento desta faceta da educación que se propón para o noso país producirá un grave empobrecemento do público e tamén dos creadores, quen non terán o acicate necesario para produciren obras de calidade. Isto ó tempo que asistimos á creación dunha cultura de consumo de produtos pseudoartísticos que serve basicamente para lucrar a algúns sectores empresariais moi concretos, e que non reflexa unha rica realidade musical que se está deixando de lado.

Non se pode crear cultura gadañando a educación dun pobo. Na nosa sociedade a música non só é un elemento de consumo e ocio, senón que representa a nosa propia personalidade como individuos e como país. A educación musical obrigatoria contribúe dun xeito insubstituíble a formar cidadáns, a recuperar e manter o patrimonio musical propio de Galicia, a entender outros pobos e a valorar o que todos damos en chamar cultura histórica e actual. Por iso manifestamos o noso total desacordo co plan que a Consellería pretende impoñer no ensino. Mágoa que a nosa asignatura non tivese apenas tempo para demostrar que é clamorosamente necesaria.

Última actualización ( martes, 10 de julio do 2007 )

< Ant.

joomla templates by dezinedepot
© 2018 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.