Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 349
Ligazóns: 35
Visitantes: 1475106

Eres el visitante número

Relafare

manos2.jpg
abr 13 2007
Debate PDF Imprimir Correo-e
viernes, 13 de abril do 2007

 

Trala presentación do 2º borrador da Consellería creemos necesario consensuar a postura que debe defender a Asociación diante das autoridades educativas, comunidade escolar e outros colectivos.

A proposta que defende ata agora Asomúsica nace da necesidade de dar unha alternativa real ó horario da Consellería. Para iso consensuamos coa asociación de Tecnoloxía e o colectivo de Plástica un cadro horario.

(continúa...) 

Nesa proposta, xa coñecida, cambiabamos unha hora de obrigatoriedade pola continuidade da materia en tódala ESO. Así tamén gañábamos dúas horas de optatividade e unha hora no còmputo global (sumando optativas e obrigatorias).



1º Ciclo

2º Ciclo

Horas

Cursos

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

Obri

Opt

Total

Situación actual

0

3

2

Opt 3

5

3

8

1º Borrador Consellería

0

3

Opt 2

Opt 3

3

5

8

Proposta Asomúsica

2

2

Opt. 2

Opt 3

4

5

9

2º Borrador Consellería

0

2

2

Opt 3

4

3

7


Está claro que neste 2º borrador as demandas de Asomúsica non se cumplen:

1.- A materia non ten a continuidade demandada

2.- Pérdense 2 horas no cómputo total.

Dentro do colectivo que conforma o profesorado de música en secundaria atópanse diferentes situacións laborais.Adscritos de primaria, secundaria, catedráticos, interinos, substitutos, contratados laborais fixos na privada, contratados por horas, con destino en centros de moitas liñas, con destinos en CPI, etc

Cada un fai unha valoración en función de súa situación persoal, como en parte é lóxico.

Sen embargo, os que temos a responsabilidade de defender ós asociados e asociadas de Asomúsica, temos que ter a todos en conta do xeito máis equitativo, obxectivo e solidario que poidamos.

Por iso plantexamos dúas opcións para continuar co noso labor que desexamos debatir neste foro .

http://www.asomusica.com/foros/viewforum.php?f=20

Opción A. Continuar a defender a proposta de Asomúsica.

Opción B. Defender a distribución horaria actual.

Pros e contras

Necesitaremos argumentos razoables e de peso que defendan calquera das opcións pois seremos nós os que teremos que dar a cara defendendo a proposta.

 

Opción A

Argumentos a favor

Continuidade en tódala ESO

Maior carga lectiva total

Organización educativa lóxica. Obrigatoriedade no ciclo inferior e optatividade no superior.

Argumentos na contra

Perda dunha hora de obrigatoriedade

“Posible” menor continuidade respecto ó Bacharelato

Loita pola optatividade con outras materias.

Posibles problemas coa optatividade en centros de poucas liñas.

Opción B

Argumentos a favor

“Posible” maior continuidade respecto ó Bacharelato

Argumentos na contra

Non ten continuidade na ESO

Menor carga lectiva total


Algúns datos

Número de Centros en Galicia

IES

261

CPI

71

CIFP

8

CPR con ESO e Bacharelato

75

CPR só con ESO

110

Total

525

Votación

Tralo debate faremos unha votación na que poderá participar todo o profesorado de música de Secundaria (socio ou non). Evidentemente faremos o reconto dos votos dos socios e ese resultado será a referencia.. O profesorado que non sexa socio e participe será tomado en consideración pero a decisión final dependerá das persoas ás que representa directamente asomúsica.

As mensaxes recibidas antes ou despois da data sinalda non se tomarán en conta así como as repetidas.

  • Data de inicio: Luns 16 de abril ás 8:00 horas
  • Data da fin: Mércores 18 de abril ás 22:00 horas

Para comprobar a identidade dos votantes pregamos aportar estes datos:

  • Nome e dous apelidos
  • DNI
  • Centro de traballo
  • Email
  • Calquera comentario que consideredes oportuno.

No asunto da mensaxe escribir somentes

  • Opción A
  • Opción B

O enderezo é:

votacion[arroba]asomusica.com

ou podedes usar este formulario:

http://www.asomusica.com/index.php?option=com_contact&task=view&contact_id=12&Itemid=3

¡Por favor!, aínda que aclaredes e comentedes a vosa proposta, non vos olvidedes de escribir explícitamente
OPCIÓN A ou OPCIÓN B
para maior claridade e evitar erros.
Gracias.

 

Última actualización ( martes, 09 de octubre do 2007 )

< Ant.   Seg. >

joomla templates by dezinedepot
© 2018 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.