Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 338
Ligazóns: 35
Visitantes: 1349920

Eres el visitante número

Relafare

Revista de divulgación musical
abr 14 2007
Proposta aprobada polo Consello Escolar PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Óskar Galende   
sábado, 14 de abril do 2007

Pasados uns días desde a aparición da 2ª proposta comezamos a facer unaha lectura da situación.

O día da folga, na asemblea improvisada que organizamos, xurdiron dúbidas e pareceu lóxico organizar un debate sobre dúas posturas a manter na negociación...

(continúa...)

 Pero no consello escolar do venres aprobouse unha proposta horaria polo pleno. Esta proposta horaria foi presentada pola Comisión permanete do Consello Escolar. No tocamente á materia de música é exactamente igual que esta última da Consellería. A diferencia está na carga lectiva de tecnoloxía en 2º da ESO que aumenta 1 hora en detrimento de CC da Natureza.é exactamente a da Consellería.

Por tanto cunha resolución favorable do Consello Escolar vai ser moi difícil conseguir calquera cambio. A Consellería ten vía libre para levar esta proposta ó Consello da Xunta e que apareza publicado no DOG.

É unha situación case que definitiva.

*É a que pon permanente


Para aclarar calquera dúbida fago, unha vez máis, un pequeno resumen:

Situación antes do 27 de Febreiro
A rumoroloxía, e algunhas declaracións de responsables educativos, situaba a música só en 2º. algunhas voces dicían con 3 horas e outras con 4.
Na reunión coa subdirectora xeral, o día 26, non falou de optatividade en 3º e confirmou que a carga horario sería de 3 horas.
Esta posición parecía inamovible e definitiva, non só por as declaracións da propia conselleria senon por persoas alleas a elas.

1ª proposta de Asomúsica
Neste contexto a postura de Asomúsica foi solicitar por escrito e por rexistro a obrigatoriedade en 1º, 2º, e 3º con 2 horas e optativa en 4º con 3 horas.
Ver o documento
Ver o documento

Situación tras o 27 de febreiro
A Conselleria achega a súa proposta ós sindicatos para presentala ante a mesa sectorial do día seguinte. Os sindicatos, interlocutores nese foro, piden un lóxico aprazamento para o seu estudo ata o 5 de Marzo.
Nesta proposta a situación non é tan crítica como apuntaban os rumores. 3 horas obrigatoria en 2º da ESO e optativa tanto en 3º coma en 4º.
Era unha proposta pechada, sen diálogo con ningún dos colectivos de profesorado que o solicitaban e coa oposición dos sindicatos CIG e, dun xeito discreto e solapado, da UGT. A súa intención era clara ó presentalo no último momento (24 horas antes da mesa sectorial): aprobalo sen diálogo nin debate. Queremos deixar claro que esta proposta era innegociable e de ningún xeito estaban dispostos a mudala. Só a presión que exercemos apoiados pola CIG e as alternativas presentadas provocaron o cambio posterior.
2ª proposta: Asomúsica/Apetega
Vista a falta de intención de debater sobre o cadro horario Asomúsica toma a iniciativa de elaborar un cadro alternativo. O día seguinte da aparición do cadro oficial xa estaba un primeiro borrador noso alternativo. Coa fin de conseguir máis apoios e posibilidades de viabilidade, pasámolo a APETEGA, organización que xa levaba na loita moito máis tempo e xa tivera reunións cos diferentes sindicatos e coa directora xeral.
O resultado (esta é a proposta conxunta)
Nesta proposta melloramos en moito o 1º borrador da conselleria. Ademáis démoslle feito o traballo e os razoamentos eran incontestables.Obrigatoria en 1º e 2º da ESO con 2 horas e optativa en 3º e 4º con 2 e 3 horas respectivamente.
A CIG asumíu na totalidade o cadro horario e a UGT fixo o propio con algunhas modificacións.
Este cadro foi presentado na mesa sectorial enfrontándose á proposta da Xunta. As conclusións da mesa sectorial expostas por UGT e CIG explican como plantexou as primeiras dúbidas á administración.
Conclusión da UGT
Conclusións da CIG
A CIG toma a iniciativa e leva ó Consello Escolar esta proposta. Tamén a UGT fai o propio coa súa.. Xunto coas diferentes mobilizacións conseguemos o que parecía imposible:
A Consellería anuncia a retirada da proposta e pide un tempo para reflexionar

Situación actual
a) Aparece a 2ª proposta da consellería, forzada polas proppostas e mobilizacións do profesorado de Música, Plástica e Tecnoloxía.
Facendo unha lectura minuciosa da proposta pódese sacar certas conclusións:

Proxecto interdisciplinar:Esta materia (que non conta como tal para o reconto) que existe só no proxecto desta comunidade volve a aparecer pese ás voces contrarias dos diferentes colectivos.
Pódese pensar que vai ser difícil que renuncie a conellería a esta "creación" propia.

Relixión: en contraposición ó noso borrador, non están dispostos a aplicar o apartado do BOE que permite detraer unha hora porque pode supor un conflicto cos acordos entre o Estado Español e o Vaticano. Ademáis o colectivo de profesorado de relixión ten unha posición de poder nos sindicatos (sobre todo no CCOO). Calquera proposta alternativa viable parece que debería telo en conta.

Educación para a cidadanía: Esta aposta do PSOE a nivel nacional non están dispostas a reducila ata o mínimo do BOE. E a lóxica de non crear materias dunha hora semanal reforza a tese. Calquera proposta alternativa viable parece que debería telo en conta.

Tecnoloxía: Non sube ningunha hora respecto ó primeiro borrador. Parecen sentirse seguros da súa decisión repetindo a mesma carga horaria, aínda que agora a dividen en dous cursos.

CC Naturais: Está claro que a consellería ten unha sensibilidade especial respecto desta materia. É lóxico xa que a directora xeral e especialista nesta materia. A carga horario sube nun 60%. Os argumentos son febles.

2ª língua extranxeira (francés): Tamén mostra unha grande sensibilidade, xa que a subdirectora xeral é especialista de francés. A suba desproporcionada e o desequilibrio que aportaba ó currículo fixo que reducirán un pouco a presenza. Agora e optativa en 3º. Segue a ser preocupante a obrigatoriedade no 1º ciclo xa que carga con 4 línguas. O alumnado con deficiencias de lecto-escritura aumentará o seu índice de fracaso escolar.

Música e Plástica: A evidencia do absurdo da primeira proposta fixo que recapacitarán e recuperaran, só en parte, carga lectiva. Parece claro que se continuamos co noso traballo poderemos demostrar a necesidade de, como mínimo, manter unha presenza igual á actual.

b) O pleno do consello Escolar presenta unha proposta (ver nova proposta horaria aprobada polo pleno) sendo aprobada polo pleno.
A consellería con esta proposta ten a aprobación do Consello Escolar e será case imposible de mudar.


A actuación dos sindicatos

Coa excepción da CIG e UXT os sindicatos non presentaron ningunha alternativa horarrio e evitaron denunciar o despropósito da desaparición de tanta carga horaria das disciplinas artísticas.

Destes dous sindicatos só foi a CIG a que convocou manifestacións, folga e reunións cos representantes políticos que levarían a descubrir á comunidade o irresponsable da súa drástica reducción horaria.

Conclusións

Por todo o referido:

1.- Asomúsica nunca negociou á baixa. A nosa primeira proposta, documento que outra vez servirá de base para a negociación do Bacharelato, era superior á situación actual e a mesma que defende a COAEM a nivel nacional. Confederación de Asociacións de Ensino Musical
A seguinte proposta tamén era moi superior ó borrador presentado e moi cercana á da COAEM. Ademáis era solidaria coas demáis materias o que posibilitou crear unha fronte común que fixo variar o rumbo das propostas.

2.- A perda que supón está proposta aprobada polo consello escolar respecto da situación actual nos deixa:
Perda do 20% de carga lectiva obrigatoria en Plástica e Música e o 28,5% en Tecnoloxía. Se contamos a optatividade a perda é do 12,5% en Plásticas e Música e do 20% en Tecnoloxía. Todos perdemos pero sobre todo Tecnoloxía.
Respecto á posición proposta inicial da consellería todos gañamos 1 hora obrigatoria e un curso.

3.- Se aínda queremos dar un último paso non debemos defender ningunha das dúas propostas anteriores (primeira e conxunta) senon crear unha adaptada a nova realidade, intentando contentar nos puntos que poidamos á Consellería e tocando os seus puntos febles. Nestes intres membros da Asociación están traballando nesa liña. Sen embargo co visto e prace do Consello Escolar non terá case que ningunha opción.

4.- O debate plantexado perde vixencia polo explicado. É un debate que debemos retomar nalgún congreso (estamos a preparar iniciativas nese senso) para unificar na medida do posible criterios e fortalecer á asociación. Non podemos defender a Opción A porque entra en conflicto con posicións inamovibles da administración. A opción "B" ten que tomar forma concreta (novo cadro horario alternativo) e a carga horaria vai depender da nosa habilidade. Por tanto é, sobre todo, unha cuestión técnica. Calquera que queira pode aportar as súas ideas, en forma de cadro horario, cun deseño lóxico e viable nas condicións descritas.

5.- A Asociación acolle ó profesorado de música en secundaria. Eso quere dicir que o profesorado de primaria adscrito, ten o seu sitio, asi como o profesorado da privada, interinos, substitutos, numerarios e catedráticos. Temos diferencias entre nós pero son moitas máis as cousas que nos unen. Por tanto rexeitamos calquera enfrontamento entre os diferentes colectivos e pregamos traballar polo ben común. Todas e todos debemos ter cabida para ser un colectivo forte e respectado polo resto do profesorado, a comunidade escolar e as administracións educativas.

Cadro resumo:

 

 

1º Ciclo

2º Ciclo

Horas

Cursos

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

Obri

Opt

Total

Situación actual

0

3

2

Opt 3

5

3

8

1ª Proposta Asomúsica

2

2

2

Opt 3

6

3

9

1º Borrador Consellería

0

3

Opt 2

Opt 3

3

5

8

2ª Proposta Asom-Ape

2

2

Opt. 2

Opt 3

4

5

9

2º Borrador Consellería

0

2

2

Opt 3

4

3

7

Proposta aprobada polo Consello Escolar

0

2

2

Opt 3

4

3

7



Grazas a todas e todos polos apoios recibidos e continuamos traballando.

Última actualización ( martes, 09 de octubre do 2007 )

< Ant.   Seg. >

joomla templates by dezinedepot
© 2017 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.