¿Quién está en línea?
Temos 4 convidados conectados
Portal Educativo Xunta Galicia
Ministerio de Educación y Ciencia
Estadísticas
Membros: 132
Novas: 275
Ligazóns: 35
Visitantes: 326962
|
abr
27
2007
|
Orde 4 xullo 2002 - Organización Bach |
|
|
|
|
Escrito por Administrator
|
|
viernes, 27 de abril do 2007 |
|
Derrogada pola Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde do 4 de xullo de 2002 pola que se regula a organización académica do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 29/07/02).
Descargar documento 83.62 Kb
Non se trata do texto orixinal do DOG, aínda que se supón que está completo, inclusive o Anexo I.
Algúns comentarios sobre a Orde:
...
- Na introducción refírese a vixencia, nese momento, da normativa sobre Bacharelato:
|
A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina na sección segunda do seu capítulo III os aspectos básicos da organización do bacharelato, e que son o fundamento dos reais decretos 1700/1991, do 29 de novembro, e 1178/1992, do 2 de outubro, polos que se establecen a estructura e as ensinanzas mínimas do bacharelato, respectivamente.
O Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia constitúe o desenvolvemento desas normas para a nosa Comunidade Autónoma. Como consecuencia da publicación do Real decreto 3474/2000, do 29 de decembro, polo que se modifican os reais decretos 1700/1991 e 1178/1992, o Decreto 275/1994 vén de ser modificado polo Decreto 231/2002, do 6 de xuño (DOG do 15 de xullo).
A relación de materias optativas desta etapa, xunto co correspondente currículo, establécense na Orde do 2 de maio de 1996. Así mesmo, a Orde do 1 de marzo de 1995, sobre a avaliación dos alumnos e alumnas que cursan o bacharelato, regula os procedementos para a avaliación, promoción e titulación do alumnado desta etapa educativa.
[...]
|
- No artigo 6º trátase dalgúns aspectos das materias optativas:
|
[...]
2. Na elección de materias optativas do segundo curso terase en conta o establecido no artigo 5 da orde do 1 de marzo de 1995 (DOG do 9 de maio) en relación coas materias de idéntica denominación ou con
contidos total ou parcialmente progresivos.
[...]
|
- No artigo 7º parécenme interesantes os puntos 2 e 6, porque refírense a prácticas que non sempre estiveron (están) claras nos centros educativos. ¿Do punto 2 pode deducirse, por exemplo, que un alumno de "ciencias" pode coller a Historia da Música como optativa?:
|
Artigo 7º.-Condicións da oferta de materias optativas.
1. Os centros ofertarán as materias optativas en función das súas posibilidades de organización e dos
seus recursos.
2. Ademais das materias optativas establecidas para a Comunidade Autónoma de Galicia pola Orde
do 2 de maio de 1996 (DOG do 30 de maio), poderanse ofertar como optativas materias propias de
modalidade que non estean incluídas na opción elixida polo alumno. En todo caso, deberase respecta-la
distribución por cursos recollida no anexo I e a segunda lingua estranxeira será de oferta obrigada en tódalas
modalidades.
3. As materias de xeometría da arte, volume II e taller artístico I e II unicamente poderán ser cursadas
polo alumnado da modalidade de artes.
4. [...]
5. As ensinanzas das materias optativas que oferten os centros só poderán ser impartidas se existe
un número mínimo de quince alumnos matriculados.
Excepcionalmente, cando as peculiari- dades do centro o requiran ou circunstancias especiais así o
aconsellen a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional poderá autoriza-la impartición
de materias optativas a un número menor de alumnos do establecido con carácter xeral, respectando, en todo
caso, a distribución por cursos recollida no anexo I desta orde.
|
- Artigo 8º.-Itinerarios formativos.
- Artigo 9º.-Adscrición das materias ós departamentos didácticos.
- Artigo 16º.-Bacharelato en música ou danza.
- Disposición derrogatoria única.-
| Queda derrogada a Orde do 18 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño), pola que se regula a implantación do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, así como aquelas disposicións de igual ou inferior rango en todos aqueles aspectos que se opoñan ó establecido na presente orde. |
- Anexo I: Distribución de materias:
- Música I optativa en 1º Bach.
- Música II optativa en 2º Bach.
Un saúdo. Escribide si encontrades algún erro ou se vos ocurre algún comentario interesante.
Benito.
|
|
Última actualización ( lunes, 30 de junio do 2008 )
|
|
|