Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 338
Ligazóns: 35
Visitantes: 1349623

Eres el visitante número

Relafare

Revista de divulgación musical
nov 26 2007
Seminario de formación da COAEM PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
lunes, 26 de noviembre do 2007
coaem.jpg

C . O . A . E . M

SEMINARIO NACIONAL DE FORMACIÓN

"EL CURRICULO DE MÚSICA EN LA ENSEÑANZA GENERAL: CONTRIBUCIÓN DE LA MÚSICA AL DESARROLLO DE LAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

EXPERIENCIAS DOCENTES".

CURSO 2007 - 2008

....

A pasada fin de semana en Madrid, membros de Asomúsica asistimos á primeira parte do II Seminario organizado pola COAEM. O programa consistiu no intercambio de experiencias docentes e comentarios acerca dos cambios da LOE; en concreto discutiuse sobre as competencias básicas e o estado da cuestión da ESO nas diferentes Comunidades Autónomas, xa que a nosa materia é unha das que máis variación de horario e currículo presenta dunhas administracións a outras. Houbo tamén unha fantástica sesión de formación do profesorado coa pedagoga húngara Judith Faller, especialista en canto coral infantil. Finalmente reuniuse en asamblea a COAEM, con representación de case tódalas asociacións que a integran para falar de futuros cambios na Xunta Directiva e de medidas a tomar tra-la implantación da LOE.

imagen1.jpg
Constantí Sotelo explicando o festival “Trobades de Coros de ESO de Catalunya”

Na vindeira fin de semana do 14 e 15 de decembro celebrarase a segunda parte deste Seminario, na que se seguirán expoñendo diversos recursos didácticos e experiencias docentes, celebrarase outra sesión de formación sobre o movemento no ensino da música e discutirase sobre o futuro do Bacharelato a raíz do novo Real Decreto.

 

imagen3.jpg

Judith Faller durante o curso

“Fundamentos y estrategias del trabajo coral como recurso educativo”.

Foi moi gratificante compartirmos vivencias e impresións con compañeiros de toda España, e sobre todo, sentir que podemos traballar coordenadamente en momentos tan delicados como o que a nosa materia está a atravesar.

 

Animamos a todo o mundo a seguir estes Seminarios que a COAEM seguirá organizando anualmente e a aproveitar as súas actividades de formación e intercambio.

imagen6.jpg
imagen7.jpg

Un saúdo.

Almudena Vidal Varela e Blanca Bello Sobral.

Última actualización ( martes, 27 de noviembre do 2007 )

< Ant.   Seg. >

joomla templates by dezinedepot
© 2017 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.