Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 338
Ligazóns: 35
Visitantes: 1349899

Eres el visitante número

Relafare

Revista de divulgación musical
jun 30 2008
Orde 25 xuño 2008 - Optativas Bacharelato LOE PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
lunes, 30 de junio do 2008

Diario Oficial de Galicia Nº 124, do venres, 27 de xuño de 2008.

Orde do 25 de xuño de 2008 pola que se establece a relación de materias optativas do bacharelato, o seu currículo e se regula a súa oferta.


  • Art.2.2. As materias optativas terán a mesma carga horaria que as materias de modalidade.
  • Por tanto, 4 horas semanais.
  • Art. 3.1 Os centros educativos ofertarán, en calquera das modalidades que impartan, as materias optativas seguintes: música, segunda lingua estranxeira e tecnoloxías da información e comunicación.
  • Por tanto, a música será de oferta obrigatoria.
  • Art. 3.2. As materias de modalidade, de entre as impartidas no centro ou aquelas materias doutras modalidades para as que conten con profesorado e recursos, de cada un dos cursos, poderán ser ofertadas como materias optativas no seu curso correspondente.
  • en 1º poden ser ofertadas como optativas e ser impartidas polo profesorado de música o Análise Musical I, Linguaxe e práctica musical e queda a dúbida coa Cultura audiovisual (ademáis da Música Optativa, por suposto).
  • en 2º poden ser ofertadas como optativas e ser impartidas polo profesorado de música o Análise Musical II e a Historia da Música e da Danza.
  • Art. 4.1. O alumnado cursará unha materia optativa en cada un dos dous cursos de bacharelato.
  • Art. 4.2. As materias optativas serán ofertadas coa distribución seguinte: antropoloxía, música, segunda lingua estranxeira e tecnoloxías da información e comunicación, en primeiro; ética e filosofía do dereito, filosofía da ciencia e tecnoloxía, métodos estatísticos e numéricos, segunda lingua estranxeira e xeografía e historia de Galicia, en segundo. As materias de modalidade só poderán ser cursadas como optativas no curso que lles corresponde, 1º ou 2º.
  • A Consellería, non só non satisface as nosas reivindicacións, polas que pedíamos que o alumnado poidese cursar a materia nos dous cursos, senón que reduce a súa oferta a 1º.
  • Art.4.3. As materias de modalidade, cursadas como optativas, no caso de ser de aprendizaxes progresivas, poderán ser cursadas en primeiro e segundo curso. Neste caso o alumnado terá que ter superada a de primeiro para ser avaliado da de segundo curso.
  • É o caso do Análise Musical I e II (art. 7.2 do decreto). Un alumno de calquera modalidade podería, en teoría, coller coma optativa en 1º o Análise I e coma optativa en 2º o Análise II. O problema na práctica sería conseguir o mínimo número de alumnos neste caso para facer grupo.
  • Art.5.1. As materias optativas deberán contar cun número mínimo de 10 alumnas e alumnos. Coa finalidade de atender a diversidade en ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así o aconsellen, poderán impartirse con cinco alumnas ou alumnos, sempre con carácter extraordinario. Neste caso precisará da autorización expresa da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • Esperemos que se poidan facer grupos de 5 en moitos casos. E que os equipos directivos actúen correctamente neses casos.
  • Novo currículo, na páxina 11 do documento.
  • A materia pasa a chamarse "MÚSICA. EXPRESIÓN VOCAL"
  • Gustaríame destacar o seguinte párrafo da introducción: "A implantación desta materia como optativa ten como finalidade a expresión, a análise, a comprensión e a revalorización do canto, nunha sociedade como a galega en que o canto colectivo ten sido sinal de identidade durante séculos e que está a esmorecer, facéndose así mesmo eco dunha converxencia de criterios coas directrices europeas, nas cales se opta cada vez máis por introducir o canto nos seus currículos educativos". Convendría que os responsables da elaboración deste currículo fixesen o esforzo de xuntar ó profesorado para explicarlles en persoa os porqués dos cambios e para suxerir ou compartir ós seus plantexamentos didácticos.
Última actualización ( lunes, 30 de junio do 2008 )

< Ant.   Seg. >

joomla templates by dezinedepot
© 2017 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.