|
Orde 24 xuño 2008 - Bacharelato LOE |
|
|
|
|
Escrito por Administrator
|
|
lunes, 30 de junio do 2008 |
Diario Oficial de Galicia Nº 124, do venres, 27 de xuño de 2008
Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Comentarios...
Algúns comentarios sobre os puntos da Orde que afectan ó profesorado de
música. É importante que todos e todas adiquedes tempo a estudiar ben a
normativa, xa que nalgúns casos vai a depender do Centro a formación ou non
de grupos. En calquera caso, é importante ter ben clara a normativa e tódas as
súas posibilidades. Se tedes algunha suxerencia escribide ó correo do
administrador da web (asomusicaw arroba gmail.com)
- Art.3º.4.
Das seis materias de modalidade [...] polo menos 5 serán das que
corresponden á modalidade elexida.
- A sexta
pode ser da modalidade do Bacharelato das Artes escénicas, música e danza
(BAEMD a partir de aquí).
- Art. 3º.5.
Entre as materias de modalidade, o alumnado cursará obrigatoriamente,
[...] a) Na modalidade das artes [...] cultura audiovisual en primeiro e
historia da música e da danza en segundo, se optou pola vía de artes
escénicas.
- A día de
hoxe queda por saber se o profesorado de música de secundaria poderá
impartir a cultura audiovisual. (Cando se publique o Decreto de
Especialidades no BOE )
- Art.3º.6.
Nas materias de contidos progresivos:[...], Análise Musical I e II, [...],
será preciso a superación da de primeiro curso para poder ser avaliada a
de segundo.
- Nun
centro no que non se imparta o BAEMD só poderá ser impartida Análisis
Musical II se previamente se fixo un grupo de Análise Musical I. Pero eses alumnos xa non poderán escoller a optativa de música.
- Art. 3º.8.
O alumnado cursará unha optativa elexida, en cada un dos cursos, entre as
materias seguintes: música, segunda lingua estranxeira e tecnoloxías da
información e comunicación, de oferta obrigatoria; así mesmo tamén poderá
elexir entre [...] ou unha das materias da modalidade de entre as
impartidas no centro ou aquelas doutra modalidade para as que conte con
profesorado e recursos. Soamente a segunda lingua estranxeira poderá ser
cursada en ambos os dous cursos. [...]
- Por un
lado, como xa se regula no Decreto 126/08, a música só se poderá escoller
nun dos dous cursos. E segundo a Orde do 25 de xuño de materias optativas para Galicia, no seu artigo 4.2, só se poderá ofertar en 1º de Bach.
- Por outro
lado, é importante ter en conta que os profesores de música estarán
habilitados (Decreto de especialidades) para impartir tres materias
propias da modalidade das artes: Análise, Linguaxe e Historia. Polo tanto
calquera centro contará con profesorado e recursos suficientes para impartir
estas materias como optativas.
- Un alumno
poderá escoller unha materia propia doutra modalidade e doutro curso? Este punto, que non se aclara no decreto, si se aclara na Orde do 25 de xuño, no artigo 4.2, non podendo ser escollidas como optativas as propias doutro curso.
-
Art.4º.3. As materias de modalidade contarán,
con carácter xeral, cun mínimo de 5 estudantes para poder ser impartidas. A
delegación da CE e OU poderá autorizar un número menor cando se trate de
materias vinculadas ás probas de acceso á universidade.
- Esto afecta á formación dun grupo dunha
materia doutra modalidade. Por exemplo, un grupo de alumnos de ciencias ou
humanístico que escollen a Linguaxe Musical como propia doutra modalidade.
- No caso dos centros que impartan o BAEMD,
aínda non se sabe que materias entrarán na Selectividade.
- Art.4º.6. As materias optativas deberán contar
cun número mínimo de 10 estudantes. Coa finalidade de atender a diversidade en
ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así
o aconsellen, poderán impartirse cun número menor de alumnos ou alumnas que, en
ningún caso, será inferior a 5.
- Este punto é interesante para os centros
pequenos. Nesas circunstancias especiais podería entrar o feito de que un
profesor en particular tivera que completar o seu horario.
- Pode darse o seguinte caso: 3 alumnos
escollen o Linguaxe Musical como propia doutra modalidade, e 2 o escollen coma
optativa. ¿Se crearía entón un grupo mixto con eses 5 alumnos?
- Outro caso: 5 alumnos escollen dita materia
como propia doutra modalidade e 10 a escollen coma optativa. ¿Se formarían nese
caso dous grupos distintos?
|
|
Última actualización ( lunes, 30 de junio do 2008 )
|