Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 346
Ligazóns: 35
Visitantes: 1437898

Eres el visitante número

Relafare

manos2.jpg
jun 30 2008
Orde 24 xuño 2008 - Bacharelato LOE PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
lunes, 30 de junio do 2008
Diario Oficial de Galicia Nº 124, do venres, 27 de xuño de 2008

Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Comentarios...

Algúns comentarios sobre os puntos da Orde que afectan ó profesorado de música. É importante que todos e todas adiquedes tempo a estudiar ben a normativa, xa que nalgúns casos vai a depender do Centro a formación ou non de grupos. En calquera caso, é importante ter ben clara a normativa e tódas as súas posibilidades. Se tedes algunha suxerencia escribide ó correo do administrador da web (asomusicaw arroba gmail.com)

  • Art.3º.4. Das seis materias de modalidade [...] polo menos 5 serán das que corresponden á modalidade elexida.
    • A sexta pode ser da modalidade do Bacharelato das Artes escénicas, música e danza (BAEMD a partir de aquí).

  • Art. 3º.5. Entre as materias de modalidade, o alumnado cursará obrigatoriamente, [...] a) Na modalidade das artes [...] cultura audiovisual en primeiro e historia da música e da danza en segundo, se optou pola vía de artes escénicas.
    • A día de hoxe queda por saber se o profesorado de música de secundaria poderá impartir a cultura audiovisual. (Cando se publique o Decreto de Especialidades no BOE )

  • Art.3º.6. Nas materias de contidos progresivos:[...], Análise Musical I e II, [...], será preciso a superación da de primeiro curso para poder ser avaliada a de segundo.
    • Nun centro no que non se imparta o BAEMD só poderá ser impartida Análisis Musical II se previamente se fixo un grupo de Análise Musical I. Pero eses alumnos xa non poderán escoller a optativa de música.

  • Art. 3º.8. O alumnado cursará unha optativa elexida, en cada un dos cursos, entre as materias seguintes: música, segunda lingua estranxeira e tecnoloxías da información e comunicación, de oferta obrigatoria; así mesmo tamén poderá elexir entre [...] ou unha das materias da modalidade de entre as impartidas no centro ou aquelas doutra modalidade para as que conte con profesorado e recursos. Soamente a segunda lingua estranxeira poderá ser cursada en ambos os dous cursos. [...]
    • Por un lado, como xa se regula no Decreto 126/08, a música só se poderá escoller nun dos dous cursos. E segundo a Orde do 25 de xuño de materias optativas para Galicia, no seu artigo 4.2, só se poderá ofertar en 1º de Bach.
    • Por outro lado, é importante ter en conta que os profesores de música estarán habilitados (Decreto de especialidades) para impartir tres materias propias da modalidade das artes: Análise, Linguaxe e Historia. Polo tanto calquera centro contará con profesorado e recursos suficientes para impartir estas materias como optativas.
    • Un alumno poderá escoller unha materia propia doutra modalidade e doutro curso? Este punto, que non se aclara no decreto, si se aclara na Orde do 25 de xuño, no artigo 4.2, non podendo ser escollidas como optativas as propias doutro curso.

  • Art.4º.3. As materias de modalidade contarán, con carácter xeral, cun mínimo de 5 estudantes para poder ser impartidas. A delegación da CE e OU poderá autorizar un número menor cando se trate de materias vinculadas ás probas de acceso á universidade.
    • Esto afecta á formación dun grupo dunha materia doutra modalidade. Por exemplo, un grupo de alumnos de ciencias ou humanístico que escollen a Linguaxe Musical como propia doutra modalidade.
    • No caso dos centros que impartan o BAEMD, aínda non se sabe que materias entrarán na Selectividade.


  • Art.4º.6. As materias optativas deberán contar cun número mínimo de 10 estudantes. Coa finalidade de atender a diversidade en ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así o aconsellen, poderán impartirse cun número menor de alumnos ou alumnas que, en ningún caso, será inferior a 5.
  • Este punto é interesante para os centros pequenos. Nesas circunstancias especiais podería entrar o feito de que un profesor en particular tivera que completar o seu horario.
  • Pode darse o seguinte caso: 3 alumnos escollen o Linguaxe Musical como propia doutra modalidade, e 2 o escollen coma optativa. ¿Se crearía entón un grupo mixto con eses 5 alumnos?
  • Outro caso: 5 alumnos escollen dita materia como propia doutra modalidade e 10 a escollen coma optativa. ¿Se formarían nese caso dous grupos distintos?

 

Última actualización ( lunes, 30 de junio do 2008 )

< Ant.   Seg. >

joomla templates by dezinedepot
© 2018 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.