Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 353
Ligazóns: 35
Visitantes: 2066420

Eres el visitante número

oct 28 2008
Curso sobre Expresión Vocal e Canto PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
martes, 28 de octubre do 2008

Correo electrónico enviado ós centros dende a Subdirección de Ordenación Educativa

 Sr./a. Director/a.:

Prégaselle que dea traslado do contido desta mensaxe ao xefe/a do Departamento de Música do centro que vostede dirixe.

Para dar resposta ás peticións de formación que o profesorado de Música está a facer cara as novas materias do currículo, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria  organiza en vindeiras datas un curso centralizado no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, titulado Expresión vocal e Canto. A inscripción para este curso debe facerse a través de www.edu.xunta.es/fprof, para o cal hai limitacións de prazas.

Na devandita páxina poden así mesmo atopar información sobre a temporalización e o número de horas do que consta o curso. Podedes realizar as consultas que consideredes pertinentes chamando ao teléfono 981 957 537.

Enviámoslle un saúdo moi cordial,

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2008

A Subdirectora de Ordenación Educativa


Victoria Navaza Blanco

 

 

Data límite de inscrición: 31/10/2008

 

Expresión vocal e canto
 
ÁREA:
 
Música e danza
 
MODALIDADE:
 
Curso
 
CFR, LUGAR, TEMPORALIZACIÓN E PRAZAS:
 
REFERENCIA: X0801041
CFR: Servizos Centrais
Temporalización: 07/11/2008 -  22/11/2008
Data límite de inscrición: 31/10/2008
Lugar: Conservatorio profesional de música de Santiago
Prazas: 25
Horas totais: 28
Presenciais:
Información: 23 Posta común: 0 Avaliación: 1
Non presenciais(máx. 20% do total):
Elaboración: 4 Posta prática: 0
 
DESTINATARIOS:
 
  • Bacharelato
  •   - 1º Bacharelato
        * Música
  • Educación secundaria obrigatoria
  •   # Primeiro ciclo de secundaria obrigatoria
        - 1º Ensinanza secundaria obrigatoria
          * Música
        - 2º Ensinanza secundaria obrigatoria
          * Música
      # Segundo ciclo de secundaria obrigatoria
        - 3º Ensinanza secundaria obrigatoria
          * Música
        - 4º Ensinanza secundaria obrigatoria
          * Música
     
    CORPOS E ESPECIALIDADES:
     
    597028 - Mestres. Música: 1º ciclo da ESO
    590016 - Profesores de ensino secundario. Música
     
    CRITERIOS SELECCIÓN:
     
    Os criterios xerais do plan anual de formación
     
    OBXECTIVOS:
     
    1.Empregar axeitadamente os recursos vocais.
    2.Desenvolver as competencias que permitan a improvisación e a creación vocal individual.
    3.interpretar canción eformas vocais de diferentes culturas
     
    CONTIDOS:
     
    1.O Instrumento vocal: respiración, vocalización, afinación, articulación e tesitura.
    2.A voz como fonte de expresión.
    3.Interpretación vocal: cancións e música vocal do repertorio cultural galego: cancións de ruada, maios, ronda etc.
    4.A voz falada como elemento rítmico.
    5.Obras vocais de diferentes culturas e épocas.
    6.Improvisación
    Última actualización ( martes, 28 de octubre do 2008 )

    < Ant.   Seg. >

    joomla templates by dezinedepot
    © 2019 asomusica
    Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.