Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 338
Ligazóns: 35
Visitantes: 1349599

Eres el visitante número

Relafare

Revista de divulgación musical
may 12 2009
Dudas sobre o novo Bacharelato PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
martes, 12 de mayo do 2009

Con motivo da aplicación da nova normativa están aparecendo nos centros numerosas dudas sobre que materias pódense ofertar en 1º e en 2º de Bacharelato.

Pinchando en "ler mais" tedes toda a información dispoñible sobre a cuestión.

Ademáis podedes descargar os seguintes documentos que poden ser de voso interese:

 rar Lexislación_ bacharelato_loe - 900.72 Kb
 rar Programacións_castellano_galego 81.76 Kb

Podedes tamén consultar a nosa sección de lexislación, que intentamos manter actualizada. Se descubrides que falta algunha lei podedes enviala.

* * *

Somos conscientes de que é moita información, pero lédela con calma.

Estar ben informados pode supoñer non perder horas que nos corresponden.



 

Con motivo da nova lexislación educativa (L.O.E), os cursos 2008-2009 y 2009 - 2010 supoñen a entrada en vigor dunha normativa que atinxe directamente á nosa asignatura e que provoca cambios moi importantes no referente ás posibilidades da música como materia optativa en primeiro e en segundo de Bacharelato. 

Conforme ó Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo de Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia:

 

¿ Que opciós podería ofertar o Departamento de Música en 1º de Bacharelato, relacionadas coa música para o próximo curso 2009 - 2010?

 

1. Música. Expresión Vocal (Optativa)

2. Ofertar unha das materias propias do Bacharelato de Artes, ben como materia optativa ou ben como materia propia de modalidade dentro doutra modalidade:

2.1. Análise musical I.

2.2. Linguaxe e práctica musical.

 

¿ Que opciós podería ofertar en 2º de Bacharelato, relacionadas coa música, para o próximo curso 2009 - 2010?

 

1. Ofertar unha das materias propias do Bacharelato de Artes, ben como materia optativa (que non se avaliaría nas probas de Selectividade) ou ben como materia propia de modalidade dentro doutra modalidade (que se avaliaría nas probas de Selectividade xunto coas demais asignaturas da modalidade escollida):

1.1. Historia da Música e da Danza (recomendable, xa que non depende dunha asignatura optativa anterior e ten uns contidos amplios e adaptables.

1.2. Análise musical II (débese ter cursado en primeiro; nótese que en primeiro ofértase  tamén a Música - Expresión Vocal de maneira obrigatoria para os centros en primeiro de Bacharelato. Esta opción debe coidarse en centros cuxo volume de alumnado non vaia permitir formar máis dun grupo de Música en 1º de Bacharelato).

 

Pasos para propor estas asignaturas:

 

Propor á Comisión de Coordinación Pedagóxica do instituto as asignaturas para o próximo curso 2009 - 2010, e o curso/s de bacharelato  a que van dirixidas.

Presentar a programación (van contidas no anexo).

 

 

BASE NORMATIVA E COMENTARIO DA MESMA

 

Acerca do Bacharelato LOE:

 

Decreto 126/2008 - Bacharelato Galicia (no anexo)

 

Comentarios:

 

http://www.asomusica.com/index.php?option=com_content&task=view&id=183&Itemid=27

 

Orde do 24 de xuño de 2008 (no anexo)

 

Comentarios:

 

http://www.asomusica.com/index.php?option=com_content&task=view&id=185&Itemid=27

 

 

Orde do 25 xuño 2008 - Optativas Bacharelato LOE (en el anexo)

 

Comentarios:

 

http://www.asomusica.com/index.php?option=com_content&task=view&id=184&Itemid=27

 

Nos anexos tamén están presentadas as diferentes programacións das asignaturas, extraídas do DOG, tanto en castelán como en galego.

 

Última actualización ( martes, 12 de mayo do 2009 )

< Ant.   Seg. >

joomla templates by dezinedepot
© 2017 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.