Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 341
Ligazóns: 35
Visitantes: 1372358

Eres el visitante número

Relafare

Revista de divulgación musical
mar 21 2012
I ENCONTRO DE ALUMNOS DE MÚSICA DE SECUNDARIA E BACHARELATO DE GALICIA PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
miércoles, 21 de marzo do 2012

I ENCONTRO DE ALUMNOS DE MÚSICA DE SECUNDARIA E BACHARELATO DE GALICIA

 

pdf BASES DO I ENCONTRO DE ALUMNOS DE MÚSICA DE SECUNDARIA E BACHARELATO DE GALICIA 21.37 Kb

O Encontro no FACEBOOK

A finalidade do encontro é que o alumnado de Música de ESO e Bacharelato de Galicia dean a coñecer a outros compañeiros o traballo que realizan na clase, fomentar a convivencia entre os alumnos e os profesores de música dos centros galegos e aportar ideas entre centros para enriquecer o ensino musical de Galicia nestes niveis educativos. Este I ENCONTRO é unha actividade aberta e destinada a todo o alumnado e profesorado de Música, asociado ou non a ASOMÚSICA.


A DATA DO ENCONTRO SERÁ O 24 DE MAIO, ÁS 11,00 HORAS, NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN


(SEGUIR LENDO...)


BASES


1. O tema do ENCONTRO deste ano é “A MÚSICA NO CINE”


2. Cada centro poderá presentar un número de ata 40- 45 alumnos.


3. Interpretaranse un ou dous temas por centro. Poderán ser obras vocais e/ou instrumentais que se
realicen en clase.


Se hai alumnos que toquen instrumentos clásicos, de  rock,  etc. deberán facelo cos demais compañeiros da súa clase ou no grupo de alumnos de nivel heteroxéneo formado polo profesor para esa actuación. Se houbera algunha proposta para a interpretación dunha peza exclusivamente tocada
por estes alumnos, o profesora deberá comunicalo previamente á organización do ENCONTRO. O mesmo  cabe dicir  para outro tipo de interpretacións, como por exemplo a danza.
Asimesmo contémplase durante a actuación tanto a utilización de vídeos de creación escolar onde a música sexa o eixe central, coma outros con imaxes da película mentras se executa a canción da súa banda sonora, etc.
4. Cada grupo proporá un alumno que fará de presentador do seu centro, dos temas e dos seus compañeiros. Antes do concerto será enviado por correo electrónico un guión con todos os detalles do Encontro aos centros participantes.


Asociación de Profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato (ASOMÚSICA)
Inscrita no rexistro co número 2004-7643-1
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver – www.asomusica.com

5. O IES TERRA DE TRASANCOS proporcionará dous xilófonos e metalófonos baixos, dous xilófonos e metalófonos contraltos, dous xilófonos e metalófonos sopranos, dous carrillóns soprano e dous carrillóns contralto. Se algún centro precisa algún instrumento de láminas máis deberá comunicarllo á organización. Os instrumentos de pequena percusión traeraos cada centro debidamente identificados.
O Concello de Narón pon á nosa disposición un teclado e megafonía, así como dous técnicos para imaxe e son.


6. Despois do ENCONTRO teremos un xantar nun lugar ao aire libre previamente escollido e preparado pola Organización. Os alumnos e profesores participantes deberán traer a súa propia comida.


7. Os centros interesados en participar poden inscribirse no correo: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ata o día 14 de abril indicando:


NOME DO CENTRO PARTICIPANTE
NÚMERO DE ALUMNOS
TEMAS A INTERPRETAR
NECESIDADES TÉCNICAS PARA A ACTUACIÓN (micrófonos, luces, proxector de vídeo...)
QUEDARÍANSE AO XANTAR  POSTERIOR:  SI  ou  NON
PROFESOR OU PROFESORES RESPONSABLES
CORREO ELECTRÓNICO E TELÉFONO DE CONTACTO DO PROFESOR RESPONSABLE


En caso de que houbese moitos centros que solicitasen a súa participación neste I ENCONTRO,
seleccionaríanse os centros por orde de chegada ata completar as prazas de que dispón o Pazo.
NOTA IMPORTANTE: ENTENDEMOS QUE AO ENCONTRO DEBERÍAN IR OS ALUMNOS QUE MÁIS O MEREZAN
POLO SEU COMPORTAMENTO E TRABALLO NA CLASE DE MÚSICA, COMO ALICIENTE PARA ELES, PARA
MELLORAR AS NOSAS CLASES E PARA QUE O ENCONTRO SE DESENVOLVA DA MELLOR FORMA POSIBLE.
Última actualización ( viernes, 11 de mayo do 2012 )

< Ant.   Seg. >

joomla templates by dezinedepot
© 2018 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.