Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Temos 10 convidados conectados

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 132
Novas: 275
Ligazóns: 35
Visitantes: 326964

Eres el visitante número

Relafare

Revista de divulgación musical
feb 22 2007
Nota á Prensa PDF Imprimir Correo-e
jueves, 22 de febrero do 2007

ASOMÚSICA (Asociación de Profesores de Música de ESO e Bacharelato de Galicia)

A implantación da LOE en Galicia significará a desvertebración de música na ESO.

Segundo tódalas informacións recibidas en Asomúsica, comezando pola propia Consellería de Educación, o vindeiro curso 2007-08 desaparecerá a asignatura de Música en 3º de ESO, quedando soamente en 2º curso e, como optativa, en 4º curso de ESO.

Esta nova planificación curricular suporá o illamento da materia respecto á Educación Primaria e a 4º de ESO —onde non é obrigatoria—, algo especialmente grave nunha materia de marcado carácter práctico. Dificilmente o alumnado elixirá no Bacharelato esta materia como optativa tendo tan pobre bagaxe.

Esta medida está precedida pola redución da presenza da música en primaria (1 hora por curso) que xunto a desaparición dos mestres especialistas en música deixará novamente o ensino obrigatorio da música en precario —adaptación das titulacións de grado de maxisterio ó Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).[1]

É no próximo curso enfrontarémonos á aplicación da LOE no bacharelato que, en coherencia, significará o descalabro definitivo da música na educación obrigatoria e postobrigatoria.

Por iso é importante garantir a continuidade no estudio da materia de música ó longo das diversas etapas educativas, algo que se rompe co novo proxecto curricular que se propón levar a cabo a Consellería de Educación. Con tal motivo, propoñemos que se manteña o actual curso de 3º de E.S.O. que, como dixemos antes, a citada Consellería ten a intención de eliminar.

Así a todo, levan aparecidas numerosas noticias nos medios nos que se fan eco dunha verdade a medias, e nas que se afirma que a nosa asignatura non só non sofre unha redución de horas senón que ademais incrementa a súa carga horaria, sendo isto froito dunha visión mal fundada que puntualizaremos:

Estas fontes (El País, La Voz de Galicia), non tiveron en conta a situación real galega, senón a carga horario do anterior decreto de mínimos (o Real Decreto 3473/2000 que modificaba o orixinal 1007/1991 da LOXSE) comparándoa co decreto de mínimos da LOE. Realmente compárase dúas entelequias que non corresponden coa realidade: os mínimos.

 

  • Na LOXSE (1007/1991) establecéronse no decreto de mínimos un total de 105 horas, correspondendo 70 ó primeiro ciclo de ESO e 35 ó segundo ciclo. En Galicia a realidade era (aínda é) de 175 horas.
  • Na modificación do RD 3473/2000 aparecían 70 horas no decreto de mínimos, 35 no primeiro ciclo de ESO e 35 para o segundo. Isto non significou ningunha variación na realidade galega.
  • Na LOE establécense de novo 105 horas. O borrador que está a preparar a Consellería fala de 140 horas. Redución do 20%.

En tódolos casos considérase a Música en 4º de ESO como asignatura optativa.

É curioso que, sendo este RD “Decreto de Humanidades” unha lei moi contestada (primeira gran mobilización conxunta do profesorado de Música e Educación Plástica e Visual, reúnen en Madrid a uns cinco mil profesores baixo o lema “por las artes en la enseñanza”, entréganse máis de 15.000 sinaturas no Ministerio de Educación, grandes persoeiros mostraron a súa adhesión), sexa o que un sector da prensa tomara como referencia para ver “mellora” onde non a hai. Ademais hai que aclarar que se trata soamente de “mínimos”, e que tódalas comunidades están negociando ratios superiores a eles.

Estes son os ratios que se está a negociar, os proxectos de decreto reais e non os mínimos:

 

Nº horas lectivas/ semana

Proxectos de decreto das  CC.AA.

Partido Gobernante

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO (optativa)

ANDALUCÍA

PSOE

4 h (se non se cursa en 2º)

4 h (se non se cursa en 1º)

-

¿? h

ARAGÓN

PSOE

3 h

-

3 h

3 h.

CANTABRIA

PSOE-PRC

3h

3 h

-

3 h.

CASTELA E LEÓN

PP

-

3 h

2 h

3 h.

GALIZA

PSOE/BNG

-

4 h.

-

3 h.

Datos proporcionados pola COAEM (Confederación de asociaciones de enseñanza musical)

Dende o punto de vista laboral, esta redución suporá unha supresión de postos de traballo (arredor de 100) con todo o que implica: no ensino público, profesorado interino no paro, profesorado fixo que se verá desprazado a outros centros, e no ensino  privado, despidos e redución das horas de contrato.

 A renuncia a unha sociedad creativa e con sentido crítico

No noso actual modelo de sociedade a música non só é un elemento de consumo e ocio, senón que representa a nosa propia personalidade como individuos e como pobo.

[2]“O pedagogo, psicólogo e antropólogo suízo Edgar Willems dixo hai décadas que a educación musical desperta e desenvolve as facultades humanas. Howard Gardner explicou como «a Música estrutura a forma de pensar e traballar, axudando á persoa na aprendizaxe das matemáticas, da linguaxe e das habilidades espaciais». O mesmo autor declarou que os lexisladores que eliminan a educación musical do ensino «son arrogantes e ignoran como evolucionan a mente e o cerebro humanos». Moitos dos problemas do sistema educativo derívanse dun modelo tradicional que, estando baseado na escritura e no coñecemento puramente teórico das cousas, está a ser superado por unha cultura audiovisual con novas formas de saber (que o lingüista Raffaele Simone denominou “a revolución da Terceira Fase”). Saber escoitar ou saber mirar son no noso mundo tan necesarios como saber ler e escribir. Aínda que no ensino aínda non lle ten dado a isto a debida resposta, cabe vaticinar que a educación musical e visual van cobrar nun futuro non moi lonxano unha importancia capital.”

En Hungría comprobouse a través dun rigoroso experimento que os nenos e nenas que practicaban diariamente unha hora de música melloraban o seu rendemento xeral na escola nun 30%. Asemade, investigacións recentes de Howard Gardner ou Don Campbell (autor do famoso best-seller “El efecto Mozart”) confirmaron que a música contribúe a desenvolver e mellorar nos alumnos a atención, a concentración, a memoria, o traballo en grupo, a tolerancia, o autocontrol e (algo que cada vez se bota máis en falta nas sociedades modernas): a sensibilidade; que favorece a aprendizaxe da lingua, das matemáticas, da historia, dos valores estéticos e sociais; e que contribúe ó desenvolvemento intelectual - neurolóxico, afectivo e interpersoal, e, ademais, en unión coa danza, os aspectos psicomotor e físico.

Avogados especializados en dereitos de autor, especialistas en musicoterapia, periodismo musical, comunicación audiovisual, enxeñeiros de son, directores de cine, ambientadores musicais para empresas, pinchadiscos, folcloristas, animadores sociais, xeriatras, bailaríns, antropólogos, físicos especializados en acústica... a lista de profesións vencelladas coa música amplíase cada vez máis. Isto sen esquecer ós  profesionais máis tradicionais como os intérpretes, compositores, directores, críticos... E, a outra parte imprescindible en todo este tecido socioeconómico: o público.

Se a Consellería de Educación destrúe a formación musical de base, a nosa sociedade non será competente en música, nin culta, nin terá sentido crítico e, como vén pasando dende hai moito tempo, renunciará unha vez máis a unha crucial dimensión estética na valoración da vida. Convén lembrar de novo que certas sociedades tomadas habitualmente como modelo, teñen unha sólida formación musical dende os primeiros niveis do ensino. O deixamento desta faceta da educación que se propón para o noso país, producirá un grave empobrecemento do público e tamén dos creadores, quen non terán o acicate social necesario para produciren obras de calidade.

Políticas contraditorias entre consellerías

Mentres a Consellería de Educación reduce a presenza da educación artística ata convertela en testemuñal a Consellería de Cultura esfórzase por crear circuítos de concertos como Música ao Vivo; circuítos musicais específicos para música popular en espazos alternativos... A través do IGAEM pretenden crear unha nova rede formada por locais privados (como bares, salas de concertos, etc) para multiplicar as actuacións dos artistas galegos e amplialas a toda Galiza. Promoveu a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués "As tradicións orais galego-portuguesas"do que forma parte fundamental a tradición musical e editaron o libro-DVD “Meniños Cantores” na que tomaron parte departamentos de Música de centros dependentes da Consellería de Educación. Recentemente establece unha programación de actividades no centenario da estrea do Himno Galego de Pascual Veiga e está a promover un proxecto de investigación que inclúe a edición integral da súa obra. O obxectivo é facer unha análise rigorosa e científica sobre a súa música, que vaia máis alá da coñecida Alborada e do Himno Galego. Claro está sen esquecer a Escola de Altos Estudios Musicais.

¿Non é tristemente contraditorio? Educación e Cultura deberían ir na mesma dirección e sen embargo mentres que unha tenta construír a outra dinamita os seus cementos.

Non se pode crear cultura gadañando a educación dun pobo. A educación musical obrigatoria contribúe dunha maneira irremprazable a formar cidadáns e a recuperar e manter a cultura musical propia de Galicia, unha dos nosos principais sinais de identidade como pobo, e dar valor ó que todos damos en chamar cultura.

Fontes consultadas:

http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=2007/00238

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Gobierno/reduce/tercio/horas/religion/secundaria/obligatoria/elpepisoc/20061031elpepisoc_10/Tes

http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5428065&lnk=LOE,MUSICA

http://www.opatrimonio.org/gz/principal.asp

http://www.igaem.xunta.es/

http://culturaedeporte.xunta.es/programas/programa.php?id=programa_19&lg=gal

 



[1] 1. O proxecto de adaptación dos títulos de grado de mestre excede de longo as obrigacións asumidas polo goberno español como membro asociado ó EEES, caracterizándose tal “adaptación” por ser realmente unha drástica “reforma” de redución cando, dando por perdida a razón de ser das especialidades LOGSE'90 e LOCE'02, propoñen só dúas titulacións de grado vinculadas ás etapas de infantil e primaria. Tal proposta de supresión das especialidades de grado actuais falta ó principio de “articulación da diversidade” e de “sintonización das diferenzas” contidos nas declaracións da Sorbona (1998), Bolonia (1999), Praga (2001), Berlín (2003) e no protocolo do “Tuning Project” promovido pola Comisión Europea (González y Wageenar, 2003). http://www.agadef.com/paxinas/feadef/declara.htm

[2] Euterpe desdeñada: sobre la música en secundaria, Víctor Pliego de Andrés

Última actualización ( jueves, 22 de febrero do 2007 )

< Ant.   Seg. >

joomla templates by dezinedepot
© 2010 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.