Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 338
Ligazóns: 35
Visitantes: 1335462

Eres el visitante número

Relafare

Revista de divulgación musical
jun 09 2017
SOLICITAMOS Á CIUG QUE PONDERE MÁIS FAVORABLEMENTE A ASIGNATURA DE CULTURA AUDIOVISUAL II PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
viernes, 09 de junio do 2017

COMUNICADO Á CIUG: REIVINDICAR MELLORES PONDERACIÓNS PARA CULTURA AUDIOVISUAL II. APOIAR A REFORMULACIÓN DO BACHARELATO DE ARTES

ASOMÚSICA enviou un escrito á CIUG solicitando o seu apoio na nosa loita pola reformulación e dignificación do Bacharelato de Artes, modalidade que foi especialmente maltratada pola LOMCE no lugar de aproveitar o cambio lexislativo para a súa mellora. Como sabedes, as materias musicais non entran nas actuais probas de acceso á Universidade por non seren troncais. Aínda que coa carga lectiva e os programas actuais, en Galicia e nalgunhas outras Comunidades estabamos en situación case imposible para afrontar esas ABAU en condicións. Non obstante, coidamos que debemos seguir reclamando que as materias de Música regresen á Selectividade, á vez que pedimos que se planifique intelixentemente este Bacharelato.

Por outra banda, solicitamos á CIUG moi concretamente que se mellore a ponderación da materia asumible polo Departamento de Música Cultura Audiovisual II de cara ás carreiras da rama das Ciencias Sociais e Xurídicas, especialmente todas as relacionadas coa Educación.

Lembramos aquí que na reunión mantida no mes de abril co Director Xeral de Educación, este expresou o seu desexo de que a formación artística e audiovisual tivera maior peso nas carreiras que preparan ós futuros docentes e traballadores sociais. Agora é o momento de reivindicar que iso sexa algo máis ca un desiderátum, ante a CIUG e todas as demais instancias pertinentes.
Última actualización ( viernes, 09 de junio do 2017 )

Seg. >

joomla templates by dezinedepot
© 2017 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.