|
Asemblea Xeral de Asomúsica |
|
|
|
|
domingo, 11 de marzo do 2007 |
Asemblea de ASOMÚSICA
Sábado 24 de marzo ás 11:30 horas
Salón de Actos do IES Rosalía de Castro. SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tra-la recente publicación dos borradores dos decretos autonómicos para Primaria e ESO, que desenvolven os aspectos curriculares da LOE, e a preocupante situación para a área de Música que plantexan, desde ASOMÚSICA consideramos urxente a convocatoria dunha Asemblea. A orde do día será a seguinte:
ASOMÚSICA (Asociación de profesores de música de
Secundaria e Bacharelato) convoca unha asemblea xeral a celebrar no IES
Rosalía de Castro de Santiago de Compostela o sábado 24 de marzo ás
11:30 da mañá, coa seguinte orde do día
- Lectura e aprobación (se procede) da acta da anterior reunión
- Análise da situación da música no borrador do novo currículo LOE
- Marco teórico xeral:
- Consecuencias da perda de presencia obligatoria no currículo
- Características da nova optatividade
- Explicación das medidas adoptadas pola presente directiva
- Posibles iniciativas de cara á modificación do actual borrador
- Rogos e preguntas
¡CONTAMOS COA TÚA ASISTENCIA!
Están convidados á reunión o colectivo de
profesorado de Plástica (tamén afectados polo recorte horario),
representantes de APETEGA, dos sindicatos e da prensa
|
|
Última actualización ( martes, 09 de octubre do 2007 )
|