Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?

¿Quién está en línea?

Facebook

header_short.jpg

Portal Educativo Xunta Galicia

eduxunta.jpg

Ministerio de Educación y Ciencia

mec.jpg

DOG

dog.jpg

BOE

boe.jpg

Sindicación

Mapa de visitas

Locations of visitors to this page

Estadísticas

Membros: 126
Novas: 338
Ligazóns: 35
Visitantes: 1349583

Eres el visitante número

Relafare

Revista de divulgación musical
Benvido a asomusica.com. Este é o espacio web da asociación Asomúsica.
abr 04 2016
Encontro e Musiqueando PDF Imprimir
Noticias - Sobre a asociación
Escrito por Administrator   
lunes, 04 de abril do 2016

Moito ánimo para todos os centros que irán a Noia este venres para o V Encontro!

Lembrade que aínda estades a tempo de vos inscribir no Musiqueando 2016

http://musiqueando2016.weebly.com/

cartel_encontro_asomsica.jpg

Última actualización ( lunes, 04 de abril do 2016 )

feb 22 2016
25 ANIVERSARIO DE ASOMÚSICA PDF Imprimir
Noticias - Sobre a asociación
Escrito por Administrator   
lunes, 22 de febrero do 2016

E resulta que o pasado xoves 18 de febreiro, Asomúsica cumpriu 25 anos!

Oxalá, por pouco alentador que o panorama sexa, e por moitas informacións e propostas que nos cheguen, mesmo ata a saturación, non deixemos de ver nunca a utilidade e beneficios de existirmos como colectivo.
Por alomenos outros tantos anos de recoñecemento!

Infindas grazas a Carmen Bachmaier, Carmen Losada, Mariano Vázquez, Emilia González, e seguro que bastantes outras persoas que nos deixamos agora no teclado, pola iniciativa naquel ano 1991, pero tamén por meternos neste fantástico lío! Longa vida a Asomúsica!

E aproveitamos para facerlle un repaso á nosa apreixada axenda:

- 26-27 de febreiro, Santiago de Compostela. Curso "Adolescentes, muda da voz e canto coral", con Patrick Freer.
- 4-5 de marzo. Estaremos nas Xornadas de Educación Musical organizadas pola USC e a SEM-EE, en Santiago de Compostela.
- 8 de abril: con todo orgullo celebraremos xa o V Encontro do Alumnado de Música, esta vez en Noia.
- 28 de abril. Aqueles centros que se animen a participar no Musiqueando 2016 organizado pola COAEM en todo o estado, tocarán nas rúas das súas vilas e serán obxecto de todos os obxectivos.

Última actualización ( lunes, 22 de febrero do 2016 )

feb 05 2016
V Encontro PDF Imprimir
Noticias - Sobre a asociación
Escrito por Administrator   
viernes, 05 de febrero do 2016

Asomúsica pon en marcha a V edición do Encontro do Alumnado de Música de Secundaria de Galicia! A temática deste ano é "Música galega do século XXI"
Xuntarémonos en Noia, no Coliseo Noela o venres 8 de abril, para desfrutar dun día de música e boa convivencia.

Podedes descargar as bases na seguinte ligazón:
 
https://drive.google.com/file/d/0B90trf4YRDhjVFoybVNScWFjSmdubGVYcV9Hb3BBUXNmWFpB/view?usp=sharing 
 
E para calquera dúbida, escribide a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 
 
Última actualización ( viernes, 05 de febrero do 2016 )

ene 08 2016
Curso "Adolescentes, muda da voz e canto coral" PDF Imprimir
Noticias - Sobre a asociación
Escrito por almudena   
viernes, 08 de enero do 2016

Os vindeiros 26 e 27 de febreiro terá lugar no CMUS Profesional de Santiago de Compostela, o curso de formación do profesorado co Dr. Patrick Freer, da Georgia State University.

Dirixido ó profesorado de Música de Secundaria, Conservatorios, Escolas de Música, e todas aquelas persoas interesadas no canto coral con adolescentes.


Máis información en: https://cantoadolescencia.wordpress.com/

adolescentes.jpg

 

Última actualización ( viernes, 08 de enero do 2016 )

may 05 2015
IV ENCONTRO DE ALUMNADO DE MÚSICA DE GALICIA PDF Imprimir
Noticias - Noticias educativas
Escrito por almudena   
martes, 05 de mayo do 2015

Un ano máis estamos felices de poder anunciar, malia que sexa algo tarde, a celebración do IV Encontro de Alumnado de Música que este ano se celebrará en Salvaterra o mércores 27 de maio.

Este ano introducíronse algúns cambios, e o Encontro durará dende as 10 da mañá ata media tarde. Tamén haberá obradoiros voluntarios para o alumnado (e profesorado!) que queira participar e as actuacións repartiranse entre a mañá e primeira hora da tarde.

Deixámosvos esta ligazón para que enviedes a inscrición do voso centro canto antes. Axiña colgaremos o programa detallado do día.

https://docs.google.com/forms/d/1ye7xNkEzZUe_RawYgc3aNOlE5d0MaS-U3i2McNF0aew/viewform

Última actualización ( martes, 05 de mayo do 2015 )

mar 25 2015
PUBLICADO O BORRADOR DO CURRÍCULO PARA ESO E BACHARELATO PDF Imprimir
Noticias - Noticias educativas
Escrito por almudena   
miércoles, 25 de marzo do 2015

Onte 24 de marzo foi publicado o anteproxecto de decreto para os currículos de ESO e Bacharelato conforme a LOMCE, o cal podedes consultar nesta ligazón .

En principio, e malias diferenzas entre Comunidades Autónomas, parece que en Galicia quedaremos coa mesma carga e distribución lectiva que tiñamos coa LOE. No Bacharelato mantemos a oferta de optatividade e redúcese o horario destas materias (de todas as optativas) a 3 horas semanais.

Agradeceremos que nos fagades chegar as vosas opinións e comentarios de cara a seguilos trasladando á Consellería, a través do enderezo de correo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver  

 

 

 

Última actualización ( miércoles, 25 de marzo do 2015 )

nov 10 2014
ASOMÚSICA NO FACEBOOK PDF Imprimir
Noticias - Sobre a asociación
Escrito por Administrator   
lunes, 10 de noviembre do 2014

ASOMÚSICA está no Facebook  


Buscádenos como páxina web de Facebook co nome de Asomúsica

 

Última actualización ( lunes, 10 de noviembre do 2014 )

oct 23 2014
Curso de Dirección Coral PDF Imprimir
Cursos - Cursos
Escrito por almudena   
jueves, 23 de octubre do 2014

“Curso de pedagoxía e dirección de coros infantís e xuvenís”, Profesora Maite Oca.

 

Os días  6 e 7 de decembro de 2014 , na Escola de Música Municipal de Santiago de Compostela, terá lugar este

curso de dirección e pedagoxía coral con esta recoñecida especialista do País Vasco.

 

 Podedes descargar aquí o tríptico con toda a información do curso.

(Abre nunha nova páxina co botón dereito do rato)

 

Última actualización ( jueves, 23 de octubre do 2014 )

sep 01 2014
I XORNADAS DE PEDAGOXÍA MUSICA - CFR VIGO PDF Imprimir
Cursos - Cursos
Escrito por Administrator   
lunes, 01 de septiembre do 2014

Este día 4 de setembro remata a inscrición para estas interesantes xornadas sobre pedagoxía musical, que organiza o CFR de Vigo, dependente da Consellería. Celebraranse en Vigo os días 26 e 27 de setembro, e polo elenco de conferenciantes e ponentes, promete ser moi interesante:

CAMINO RENTERÍA, Mª JESÚS

HARGREAVES , DAVID JOHN

IVANOVIC BARBEITO, YERKO PETER

PERDOMO GUEVARA, ELSA

PIÑEIRO PÉREZ, DAVID

RODRÍGUEZ RIVADA, DAVID

VALCUENDE LOMA, LARA MARÍA

 

Tedes máis información na aplicación de FPROFE  da Consellería:  www.edu.xunta.es/fprofe/ 


nov 19 2013
Asemblea Ordinaria 2013 PDF Imprimir
Noticias - Sobre a asociación
Escrito por Avv   
martes, 19 de noviembre do 2013

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA 2013

O vindeiro Venres 29 de novembro ás 18:00h. celebraremos a nosa Asemblea de Socios en Santiago de Compostela.

A reunión terá lugar no IES Rosalía de Castro (preguntade o número de aula).

Tedes a convocatoria coa orde do día nos vosos correos, difundídea e non faltedes! 

 

Última actualización ( lunes, 25 de noviembre do 2013 )

jun 12 2013
Continúa a campaña de adhesións ao manifesto PDF Imprimir
Noticias - Sobre a asociación
Escrito por almudena   
miércoles, 12 de junio do 2013

Ata o 25 de xuño seguiranse recollendo sinaturas de colectivos e persoeiros en apoio do maifesto polas ensinanzas musicais elaborado por COAEM, para presentalas no Congreso en Madrid.

Difundide esta campaña e contactade aos vosos coñecidos para lograr o máximo de adhesións, e firmade vós tamén, claro!

Veredes a ligazón para asinar no menú da esquerda da páxina. 

https://sites.google.com/a/coaem.org/coaem/comunicado-ante-la-lomce 


<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 12 - 22 de 108

joomla templates by dezinedepot
© 2017 asomusica
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.