abr 11 2007
Última Hora - Proposta Horaria
Escrito por oskar   
miércoles, 11 de abril do 2007

Foi publicada a última proposta horaria por parte da administración, que vai ser levada ó Consello Escolar de Galiza no día 13 de Abril.

A primeira lectura é francamente negativa e non satisface as expectativas de Asomúsica.

Ante a proposta insuficiente da Consellería,

FOLGA 12 de ABRIL


A consellería rectifica pero segue a marxinar á Música (xunto con Plástica e Tecnoloxía)

Na proposta presentan 2 horas en 2º e 2 horas en 3º de E.S.O. con carácter obrigatorio. Lembramos que na nosa, consensuada con APETEGA e apoiada polos sindicatos CIG e dun xeito parcial UGT, propoñíamos 2 horas en 1º e 2º con carácter obrigatorio e 2º horas en 3º e 3 en 4º con carácter optativo.

Debemos, unha vez máis, amosar a nosa disconformidade con este segundo borrador, secundando a folga convocada para mañá día 12 de abril e acudindo masivamente á manifestación en Compostela que sairá ás 11:30 da praza de Cervantes, e intentar que a Consellería de Educación rectifique a súa proposta ou, polo menos, que tome conciencia do noso rexeitamento á barbaridade que está a facer co ensino obrigatorio.

Por unha educación musical de calidade.

Podedes ve-la na seguinte ligazón : Clic aquí

Última actualización ( martes, 09 de octubre do 2007 )