abr 27 2007
Orde 4 xullo 2002 - Organización Bach
Escrito por Administrator   
viernes, 27 de abril do 2007

Derrogada pola Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Orde do 4 de xullo de 2002 pola que se regula a organización académica do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 29/07/02).

pdf Descargar documento 83.62 Kb

Non se trata do texto orixinal do DOG, aínda que se supón que está completo, inclusive o Anexo I.

Algúns comentarios sobre a Orde:

...

 

  • Na introducción refírese a vixencia, nese momento, da normativa sobre Bacharelato:

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina na sección segunda do seu capítulo III os aspectos básicos da organización do bacharelato, e que son o fundamento dos reais decretos 1700/1991, do 29 de novembro, e 1178/1992, do 2 de outubro, polos que se establecen a estructura e as ensinanzas mínimas do bacharelato, respectivamente.
O Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia constitúe o desenvolvemento desas normas para a nosa Comunidade Autónoma. Como consecuencia da publicación do Real decreto 3474/2000, do 29 de decembro, polo que se modifican os reais decretos 1700/1991 e 1178/1992, o Decreto 275/1994 vén de ser modificado polo Decreto 231/2002, do 6 de xuño (DOG do 15 de xullo).
A relación de materias optativas desta etapa, xunto co correspondente currículo, establécense na Orde do 2 de maio de 1996. Así mesmo, a Orde do 1 de marzo de 1995, sobre a avaliación dos alumnos e alumnas que cursan o bacharelato, regula os procedementos para a avaliación, promoción e titulación do alumnado desta etapa educativa.

[...]


  • No artigo 6º trátase dalgúns aspectos das materias optativas:

[...]

2. Na elección de materias optativas do segundo curso terase en conta o establecido no artigo 5 da orde do 1 de marzo de 1995 (DOG do 9 de maio) en relación coas materias de idéntica denominación ou con
contidos total ou parcialmente progresivos.

[...]


  • No artigo 7º parécenme interesantes os puntos 2 e 6, porque refírense a prácticas que non sempre estiveron (están) claras nos centros educativos. ¿Do punto 2 pode deducirse, por exemplo, que un alumno de "ciencias" pode coller a Historia da Música como optativa?:

Artigo 7º.-Condicións da oferta de materias optativas.

1. Os centros ofertarán as materias optativas en función das súas posibilidades de organización e dos seus recursos.

2. Ademais das materias optativas establecidas para a Comunidade Autónoma de Galicia pola Orde do 2 de maio de 1996 (DOG do 30 de maio), poderanse ofertar como optativas materias propias de modalidade que non estean incluídas na opción elixida polo alumno. En todo caso, deberase respecta-la distribución por cursos recollida no anexo I e a segunda lingua estranxeira será de oferta obrigada en tódalas modalidades. 3. As materias de xeometría da arte, volume II e taller artístico I e II unicamente poderán ser cursadas polo alumnado da modalidade de artes.

4. [...]

5. As ensinanzas das materias optativas que oferten os centros só poderán ser impartidas se existe un número mínimo de quince alumnos matriculados. Excepcionalmente, cando as peculiari- dades do centro o requiran ou circunstancias especiais así o aconsellen a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional poderá autoriza-la impartición de materias optativas a un número menor de alumnos do establecido con carácter xeral, respectando, en todo caso, a distribución por cursos recollida no anexo I desta orde.


  • Artigo 8º.-Itinerarios formativos.
  • Artigo 9º.-Adscrición das materias ós departamentos didácticos.
  • Artigo 16º.-Bacharelato en música ou danza.
  • Disposición derrogatoria única.-

Queda derrogada a Orde do 18 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño), pola que se regula a implantación do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, así como aquelas disposicións de igual ou inferior rango en todos aqueles aspectos que se opoñan ó establecido na presente orde.

  • Anexo I: Distribución de materias:
  • Música I optativa en 1º Bach.
  • Música II optativa en 2º Bach.

 


Un saúdo. Escribide si encontrades algún erro ou se vos ocurre algún comentario interesante.

Benito.

 

Última actualización ( lunes, 30 de junio do 2008 )