abr 23 2008
Concentración mércores, 23 abril 08
Escrito por Administrator   
miércoles, 23 de abril do 2008

A concentración de hoxe en Santiago atraeu a uns centenares de persoas protestando contra a reforma do Bacharelato en Galicia.
Os sindicatos estaban máis centrados nas 3 materias obrigatorias que perden carga lectiva (Educación Física, Filosofía e Historia) e nós estabamos nun segundo plano ao tratarse de materias optativas. Destacou o bulicio dos profesores de educación física cun amplo seguimento e apoiados polas universidades.
A pesar da impresionante perda horaria en música ( 66% do horario de música en bacharelato: 8 horas menos que serán as 4 horas de Historia da Música II, e outras 4 menos de música que soamente estará presente nun dos dous cursos de bacharelato segundo o borrador de Consellería) había poucos representantes da nosa disciplina. Esperamos que nas próximas concentracións haxa máis xente da nosa materia e haberá que organizarse mediante os foros.

Esta mañá falouse de realizar pancartas, cartolinas e levar instrumentos ás dúas próximas concentracións.

Sobre todo non faltedes á folga e a concentración do martes 29 en Santiago, na praza do Toural.


 

Concentración do mércores, 23 de abril en Santiago

Pincha na imaxe para ver a presentación das fotos.
 
 
¡¡ A vosa asistencia é imprescindible se queremos salvar a música !!.

 

Última actualización ( miércoles, 23 de abril do 2008 )