jun 24 2008
Asamblea Asomúsica
Escrito por Administrator   
martes, 24 de junio do 2008
Estimad@s soci@s:

Convocamos xuntas ordinaria e extraordinaria de Asomúsica o vindeiro día 25 de Xuño, no IES santa Irene de Vigo, ás 18:00 horas.

A razón de facelo deste xeito débese a que estamos na obriga de convocar xunta ordinaria nos 6 primeiros meses do ano pero, por outra banda, só nas extraordinarias pódese renovar a xunta directiva.

Ata última hora estivemos pendentes de poder celebrala no IES Rosalía de Castro de Santiago pero, pola urxente necesidade de levala a cabo e non poder confirmar a tempo a disponibilidade, decidimos facela en Vigo.

A orde do día é a que segue:
  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da anterior xunta.
  2. Informes da xunta directiva (da asociación e da situación da materia coa plena aplicación da LOE)
  3. Renovación de cargos na xunta directiva.
  4. Rogos e preguntas.


Sen máis recibe un saúdo.

Óskar Galende.

Presidente de Asomúsica


------------------------------------------------------- 

 

Tod@as @s que nos sexades soci@s e querades poñervos en contacto coa Asociación pasade pola reunión deste mércores, 25 de xuño, ás 18:00 horas, en Vigo.