jun 30 2008
Normativa Bacharelato LOE
Escrito por Administrator   
lunes, 30 de junio do 2008

Finalmente non se cumpriron ás nosas reivindicacións. O alumnado só poderá escoller música optativa en 1º.

A novidade é que se poderá escoller algunha das materias propias do Bacharelato das Artes desde calquera modalidade e en certos casos. Isto afecta ó profesorado de música nas materias de Análise Musical I e Linguaxe Musical en 1º, e Historia da Música e da Danza e Análise Musical II en 2º. Por outra banda redúcese o número mínimo de alumnos para impartir unha materia propia (5) ou unha optativa (10).

Na sección de Lexislación/Bacharelato podes atopar as últimas normativas sobre o Bacharelato que acaba de publicar a Consellería de Educación:

Se queres enviar algún comentario para publicar podes facelo a través da pestaña contactar ou directamento ó correo web do administrador do espacio de Asomúsica: asomusicaw arroba gmail.com

Un saúdo e feliz verán a tod@s.

Última actualización ( lunes, 30 de junio do 2008 )