ago 09 2004
ASOCIARSE
Escrito por Administrator   
lunes, 09 de agosto do 2004

Se es profesor de Música de secundaria ou bacharelato, en calquera tipo de centro da Comunidade Autónoma de Galicia, non dubides en poñerte en contacto con nós para te asociar. O proceso é moi sinxelo.

Artigo 5º.- Son fins principais da Asociación:

a) Exercer de vehículo de comunicación e coordinación entre o Profesorado de Música de Galicia, tanto en materia pedagóxica como de formación, así como para defender-los intereses deste colectivo no ámbito do ensino e da sociedade.
b) Facilitar o intercambio e a publicación de experiencias docentes, materiais, traballos de investigación, ou calquera outros que contribúan a avanzar na metodoloxía do ensino de Música na nosa Comunidade.
c) Organizar actividades tales como cursos, seminarios, congresos etc.
sobre temas de interese para a formación do Profesorado de Música.
d) Estar en contacto con outras asociacións de fins e intereses similares, tanto dentro da Comunidade como no resto do territorio nacional ou internacional.
 

 


Necesitamos as túas ideas e a túa colaboración.

Dispós dos seguintes formularios para asociarte:

Última actualización ( sábado, 15 de noviembre do 2014 )