dic 22 2009
Asomúsica pasa a formar parte de ISME
Escrito por Administrator   
martes, 22 de diciembre do 2009

Asomúsica pasa a formar parte de ISME a través da COAEM


Dende este curso Asomúsica, a través da Confederación de Asociaciones de Educación Musical á cal pertencemos e que agrupa a diversas asociacións das mesmas características de toda España, pasou a formar parte de ISME.

ISME (International Society for Music Education) é a maior entidade internacional adicada ó ensino da música, con sé en Australia e delegacións en moitos países. ISME organiza diversas actividades, da cal a máis importante é o seu congreso bienal, cuxa vindeira edición celebrarase en Pekín en 2010, ademais de publicar unha revista trimestral de acceso online.

Como membros de ISME actualmente contamos cunha clave para acceder ós servizos para os socios, entre eles a revista online. Os socios de Asomúsica recibirán en breve este código de acceso xunto co boletín periódico de noticias (en inglés) deste organismo.


Enlaces:
www.coaem.org
www.isme.org
http://www.isme.org/2010/calls_groups.html

Última actualización ( martes, 22 de diciembre do 2009 )