jul 22 2011
III XORNADAS GALEGAS DO ENSINO MUSICAL
Escrito por almudena   
viernes, 22 de julio do 2011
Estimados compañeiros:

Lamentamos moitísimo as molestias, pero vémonos obrigados a modificar as datas de celebración das III Xornadas de Ensino Musical. O programa seguirá sendo o mesmo pero retrasarémolo un mes máis á espera de conseguir máis afluencia de asistentes.

Cando propuxemos estas datas pensabamos que sería unha boa semana, libre de docencia, para asistir a cursos sen ter que pedir horas e evitando conflitos á hora de homologar a actividade na Consellería. Pero estamos vendo que a resposta non é a esperada, e dado o traballo que supón para os relatores e profesores dos obradoiros preparar as súas intervencións, pensamos que sería unha mágoa non contar, como mínimo, cunha afluencia similar á de anos anteriores.

En canto teñamos unhas novas datas definitivas, seredes inmediatamente informados. Calquera suxestión ou comentario será moi benvido.

 

 


 

 

Por fin temos o tríptico das III Xornadas, que se celebrarán coma sempre en Santiago de Compostela, os días 12,13 e 14 de setembro. Esperamos que o programa sexa do voso agrado e que todo o mundo poda acudir. Xa sabedes que se vos cadra con algunha reunión nos vosos centros podedes faltar a algunha sesión sen problema.

Pregámosvos a máxima difusión deste evento, e contamos coa vosa presenza.

 

     
    pdf tríptico iii xornadas   
     

 

Última actualización ( miércoles, 07 de septiembre do 2011 )