may 05 2015
IV ENCONTRO DE ALUMNADO DE MÚSICA DE GALICIA
Escrito por almudena   
martes, 05 de mayo do 2015

Un ano máis estamos felices de poder anunciar, malia que sexa algo tarde, a celebración do IV Encontro de Alumnado de Música que este ano se celebrará en Salvaterra o mércores 27 de maio.

Este ano introducíronse algúns cambios, e o Encontro durará dende as 10 da mañá ata media tarde. Tamén haberá obradoiros voluntarios para o alumnado (e profesorado!) que queira participar e as actuacións repartiranse entre a mañá e primeira hora da tarde.

Deixámosvos esta ligazón para que enviedes a inscrición do voso centro canto antes. Axiña colgaremos o programa detallado do día.

https://docs.google.com/forms/d/1ye7xNkEzZUe_RawYgc3aNOlE5d0MaS-U3i2McNF0aew/viewform

Última actualización ( martes, 05 de mayo do 2015 )