feb 22 2016
25 ANIVERSARIO DE ASOMÚSICA
Escrito por Administrator   
lunes, 22 de febrero do 2016

E resulta que o pasado xoves 18 de febreiro, Asomúsica cumpriu 25 anos!

Oxalá, por pouco alentador que o panorama sexa, e por moitas informacións e propostas que nos cheguen, mesmo ata a saturación, non deixemos de ver nunca a utilidade e beneficios de existirmos como colectivo.
Por alomenos outros tantos anos de recoñecemento!

Infindas grazas a Carmen Bachmaier, Carmen Losada, Mariano Vázquez, Emilia González, e seguro que bastantes outras persoas que nos deixamos agora no teclado, pola iniciativa naquel ano 1991, pero tamén por meternos neste fantástico lío! Longa vida a Asomúsica!

E aproveitamos para facerlle un repaso á nosa apreixada axenda:

- 26-27 de febreiro, Santiago de Compostela. Curso "Adolescentes, muda da voz e canto coral", con Patrick Freer.
- 4-5 de marzo. Estaremos nas Xornadas de Educación Musical organizadas pola USC e a SEM-EE, en Santiago de Compostela.
- 8 de abril: con todo orgullo celebraremos xa o V Encontro do Alumnado de Música, esta vez en Noia.
- 28 de abril. Aqueles centros que se animen a participar no Musiqueando 2016 organizado pola COAEM en todo o estado, tocarán nas rúas das súas vilas e serán obxecto de todos os obxectivos.

Última actualización ( lunes, 22 de febrero do 2016 )