may 01 2016
ASIGNATURAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN
Escrito por Administrator   
domingo, 01 de mayo do 2016

 

ASIGNATURAS LIBRE CONFIGURACIÓN

Xa que estamos no período de proposta de materias e itinerarios de cara ó curso que vén, e xa que a LOMCE permite deseñar e ofertar materias de Libre Configuración propias de cada centro -co cal a carga lectiva de cada materia pode variar considerablemente-, en Asomúsica estamos contactando con asociados e centros para informar sobre este estratéxico asunto.
Por algún motivo, estamos tendo problemas en facer chegar os nosos correos ós institutos, polo cal pedímosvos que movades esta información entre o profesorado de Música que coñezades.

Nestes momentos, estamos á espera de saber se a Consellería aceptará ou non a nosa proposta dunha materia de Libre Configuración para 1º de ESO denominada "Obradoiro de Música" (1 h semanal), para engadir ó seu catálogo de LC no cal non figuran contidos de Música por ningunha parte.

Por outra banda, estamos intentando reunir unha especia de "banco de programacións" para compartir entre os compañeiros que o necesiten, para que as adapten e presenten nos seus centros e poderen solicitar asignaturas de LC para o seu Departamento.

Podedes contactarnos no noso enderezo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 

Última actualización ( domingo, 01 de mayo do 2016 )