ene 14 2018
Cursos de AAEE en Santiago de Compostela
Escrito por Administrator   
domingo, 14 de enero do 2018

Vista a demanda de formación orientada a prepararnos cara a nova asignatura de Artes Escénicas, Música e Danza de 4º de ESO, materia atribuída prioritariamente ós departamentos de Música, e dado tamén que moitos de nós temos unha afección persoal por estes campos, ASOMÚSICA organiza unha serie de cursos ou obradoiros durante varios sábados entre xaneiro e maio con esta temática.

As datas son: 27 de xaneiro, 3 de febreiro, 3 de marzo, 28 de abril e 26 de maio, cun horario de 10 a 14h. As 20 horas están homologadas como formación da Consellería -sempre que se acade o número mínimo de inscritos- e pódese matricular nos obradoiros como sesións soltas, ou ben todo o curso ó completo.

Imparten Pablo Reboleiro e Beatriz Alonso. Picando aquí chegaredes ó folleto informativo.

portada_-obradoiro-santiago-aaeedd-2018.jpg

 


 

 

Última actualización ( martes, 16 de enero do 2018 )