oct 13 2018
Aumento de socios na COAEM
Escrito por almudena   
sábado, 13 de octubre do 2018

Imagen

É unha alegría sempre anunciar que segue medrando o número de socios non só en Asomúsica, mais tamén na COAEM.

Lembramos as felices noticias do reingreso en COAEM nos últimos tres anos de varias asociacións:  http://www.coaem.org/miembros-de-coaem.html

- Cantabria: Apromusican

- Castilla La Mancha: Aldárea

- Castilla y León: Promúsica de Valladolid , e IMusicar, para todo o ámbito da Comunidade

- Murcia: Admurm

- Valencia: Aulodia e o máis recente ingreso da FSMCV, cos seus máis de 200.000 membros...

O sábado 27 de outubro celebraremos a asemblea anual da COAEM en Madrid, aonde acudiremos coma tódolos anos.

Pero unha semana antes, o sábado 20 ás 4 da tarde, ASOMÚSICA celebrará tamén a súa asemblea anual en Santiago, para facer un repaso das actividades do último curso e seguir preparando outras novas para este. Animámosvos a acudir, coma sempre!

Que sigamos medrando para ter máis forza!

Última actualización ( sábado, 13 de octubre do 2018 )