ASOMUSICA
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO

NOVOS ESTATUTOS

12/5/2024

 
En asamblea extraordinaria celebrada o 12 de abril de 2024, acordamos modificar os estatutos para poder incluir en ASOMÚSICA  a Mestres de Educación Primaria.  

O nome será Asociación de Docentes de Música de Galicia.  

Damos a benvida aos compañeiros de Primaria que decidan asociarse, e agardamos unha longa vida a ASOMÚSICA que continuará cos mesmos fins que cando foi creada no ano 1991.

​novos_estatutos_asomusica.pdf



CURSO DE INTRODUCIÓN AO ORFFSCHULWERK PARA SECUNDARIA

1/3/2024

 
O día 9 de marzo realizarase o curso de Introdución ao Orffschulwerk para Secundaria da man da nosa asociada Iris Gil Botana. Podedes acceder ao formulario de inscrición premendo na imaxe. Apurade que aínda estades a tempo! 
Foto
Foto

Sesión online sobre o Musiqueando 2023

22/2/2023

 
"Webinar" para resolver dúbidas ou comentarios sobre este Musiqueando.
ENLACE Á REUNIÓN EN ZOOM
ID de reunión: 860 9201 0848
Código de acceso: 696391
Foto

Curso de folclore en Santiago de Compostela

8/2/2023

 
O sábado 25 de febreiro teremos no CMUS de Santiago de Compostela un curso sobre aplicacións didácticas do noso folclore. Con catro obradoiros sobre canto con pandeireta, baile, regueifa e didáctica, teremos 8 horas de intensa formación a cargo de catro nomes ben coñecidos no mundo da música tradicional galega: Lola de Ribeira, Chus Caramés, Manolo Maseda e Manuele Pardo.
Horario: de 10h a 14h, e de 16h a 20h.
Entra no formulario para ver os detalles sobre a inscrición. E aproveita para asociarte e facer máis forza!
INSCRICIÓN Ó CURSO
Foto

NOVA XUNTA DIRECTIVA

20/7/2022

 
Logo da última asemblea extraordinaria, contamos con nova xunta directiva. Noraboa e moito ánimo para esta nova etapa!

IV XORNADAS DO ENSINO MUSICAL

23/5/2022

 
Este sábado, 21 de maio tiveron lugar as IV Xornadas do Ensino Musical, organizadas desde esta asociación no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Fantásticas ponencias e obradoiros para inspirar o noso traballo diario. Noraboa a ponentes e participantes!

PRÓXIMA ASEMBLEA DE ASOMÚSICA E RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

15/5/2022

 
Lembrarvos que o luns 23 de maio terá lugar a asemblea ordinaria de socixs e a continuación unha sesión extraordinaria na que tocará a renovación da xunta directiva.

​Animádevos e presentade candidaturas!


RECADANDO FIRMAS A FAVOR DA EDUCACIÓN MUSICAL NO ENSINO XERAL

14/5/2022

 
Seguimos reivindicando a educación musical. Non podemos consentir que a súa presenza sexa tan residual no noso sistema educativo. Galicia será unha das Comunidades Autónomas nas que esta área terá menos peso, mentres que outras CCAA consolidarán a presenza da Música.

A Música ten moi pouca presenza dende sempre no Ensino Xeral de Galicia e coa implantación da LOMLOE non se vai a reforzar. A súa oferta en Educación Infantil depende de cada centro e en Educación Primaria só se impartirá 1 hora á semana, pese á importancia que ten para o alumnado destas idades. 

Na ESO a situación non mellorará, ao non haber continuidade entre Primaria e Secundaria por non ofertarse ningunha materia musical en 1º de ESO e desaparecer a optativa de Artes Escénicas e Danza en 4º de ESO.
​
Ademais, no Bacharelato, coa proposta autonómica de currículos LOMLOE o alumnado vai ter moi difícil cursar unha materia de temática musical noutra modalidade que non sexa a vía de Música e Artes Escénicas, que se imparte en moi poucos centros. 

Ante esta situación, e coñecedores dos beneficios que a Música aporta, non só ao noso alumnado, senón a toda a sociedade, temos que actuar.

Por favor, firmade a nosa petición e axudádenos a difundila a ver se por fin se dignan a escoitarnos.

Grazas!

​
https://chng.it/DKhhJWbvJz

IV XORNADAS DO ENSINO MUSICAL

5/5/2022

 
Xa temos todo preparado para celebrar as IV Xornadas do Ensino Musical. Celebraranse o sábado, 21 de maio no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Trataranse temas como a nova lexislación, aplicación de novas metodoloxías e tecnoloxías na aula de Música e haberá un obradoiro de Soundpainting.
Podedes inscribirvos cubrindo o seguinte formulario e enviando o xustificante de pago ao correo [email protected].
​Tedes toda a información no seguinte tríptico:
tríptico_xornadas_2022.pdf
File Size: 323 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

Imagen
Imagen

Intervención da nosa presidenta en RNE

21/4/2022

 
Hoxe a nosa presidenta tivo unha pequena intervención no informativo de RNE para explicar a nosa situación e as consecuencias que terán os novos cambios educativos que trae a aplicación da LOMLOE en Galicia.
Podedes escoitala na seguinte ligazón: https://www.rtve.es/play/audios/informativo-de-galicia/cronica-galicia-21-04-22-escuchar-ahora/6501377/

#nosimportalamusica
#educaconmusica
​#musicanobacharelato
<<Anterior

    Novas

    Nesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical.

    Publicacións

    Mayo 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2023
    Julio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Septiembre 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Noviembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Julio 2020
    Abril 2020
    Marzo 2020
    Junio 2019
    Noviembre 2016

    Categorías

    Todos
    ANUNCIOS XUNTA
    ASOCIACIÓN
    ASOCIACIÓN
    CONVOCATORIAS
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EXPERIENCIAS MUSICAIS
    FORMACIÓN
    FORMACIÓN
    LEXISLACIÓN
    LEXISLACIÓN
    PROXECTOS DE INNOVACIÓN

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propia página web con plantillas personalizables.
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO