ASOMUSICA
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO

CURSO DE INTRODUCIÓN AO ORFFSCHULWERK PARA SECUNDARIA

1/3/2024

 
O día 9 de marzo realizarase o curso de Introdución ao Orffschulwerk para Secundaria da man da nosa asociada Iris Gil Botana. Podedes acceder ao formulario de inscrición premendo na imaxe. Apurade que aínda estades a tempo! 
Foto
Foto

IV XORNADAS DO ENSINO MUSICAL

5/5/2022

 
Xa temos todo preparado para celebrar as IV Xornadas do Ensino Musical. Celebraranse o sábado, 21 de maio no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Trataranse temas como a nova lexislación, aplicación de novas metodoloxías e tecnoloxías na aula de Música e haberá un obradoiro de Soundpainting.
Podedes inscribirvos cubrindo o seguinte formulario e enviando o xustificante de pago ao correo [email protected].
​Tedes toda a información no seguinte tríptico:
tríptico_xornadas_2022.pdf
File Size: 323 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

Imagen
Imagen

VIII Congreso Nacional de Educación Musical Con Euterpe

1/3/2022

 
Imagen
Xa están dispoñibles as entradas para o Congreso #ConEuterpe que se celebrará en Logroño do 6 ao 8 de maio. Poderedes desfrutar de experiencias educativas, ponencias, obradoiros e actuacións musicais. Tedes toda a información na seguinte ligazón.
​Animádevos!

I Foro por la Educación Musical de España

1/2/2022

 
Imagen
Xa temos información sobre o Foro de educación musical que organiza a COAEM coa colaboración de Apemex e a Universidade de Extremadura. Terá lugar en Badajoz do 24 ao 26 de marzo e contará con mesas de debate, obradoiros, comunicacións de expertos e de experiencias de aula... e poderase participar en modalidade presencial ou virtual. Por suposto, como membros da COAEM, @s asociad@s de ASOMUSICA terán un desconto na inscrición.

Ademais, este I Foro por la Educación Musical de España (#FOROEM22Badajoz) convida a docentes (de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bachalerato, Escolas de Música, Conservatorios, Ciclos Formativos), investigadores, persoas e colectivos interesados en hacer aportes relacionados coa Educación Musical, a enviar a súa proposta/resumo de traballos en formato Comunicación (15 minutos), Mesa redonda-Simposio (ata 60 minutos) e Póster. Se vos interesa esta opción tedes ata o 13 de febreiro para enviar a vosa proposta.

Tedes a información completa co programa, poñentes... na web do Foro. 

Animádevos a participar!

Curso coros xuvenís

22/3/2021

 
Interesante curso para traballar con coros xuvenís.
Imagen

Curso online para comezar ben o ano

22/12/2020

 
Do 11 de xaneiro ao 19 de febreiro terá lugar este curso online sobre metodoloxías activas mediadas con tecnoloxía para a educación musical presencial e online. Está organizado desde ALDÁREA-CLM (Asociación Pro Educación Musical De Castilla-La Mancha) e recoñecido polo INTEF/MEC. Tedes ata o último día deste ano para apuntarvos. Se queredes consultar máis información só tedes que premer na seguinte imaxe:
​
Imagen

    Novas

    Nesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical.

    Publicacións

    Mayo 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2023
    Julio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Septiembre 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Noviembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Julio 2020
    Abril 2020
    Marzo 2020
    Junio 2019
    Noviembre 2016

    Categorías

    Todos
    ANUNCIOS XUNTA
    ASOCIACIÓN
    ASOCIACIÓN
    CONVOCATORIAS
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EXPERIENCIAS MUSICAIS
    FORMACIÓN
    FORMACIÓN
    LEXISLACIÓN
    LEXISLACIÓN
    PROXECTOS DE INNOVACIÓN

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propia página web con plantillas personalizables.
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO