ASOMUSICA
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO

Musiqueando nas redes

9/5/2021

 
Como sabedes, este día 5 de maio tivo lugar a gran cita anual do "Musiqueando", e aínda sendo este ano unha edición virtual tivo gran éxito de convocatoria, como podedes ver na seguinte nova.

Para os que non puidestes participar en directo, aquí vos deixamos unhas ligazóns ás dúas coreografías de percusión corporal que Santi Serratosa preparou expresamente para esta ocasión:
​
Coreografía Ed. Primaria
Coreografía Ed.  Secundaria

A final de mes seguro que tamén veremos fabulosas interpretacións dos centros participantes. Estaremos atent@s! 

8 DÍAS PARA O MUSIQUEANDO!

27/4/2021

 
Lembrade que só quedan 8 días para o encontro en directo con Santi Serratosa.
O día 5 de maio atoparémonos ás 10:30 o alumnado de primaria e ás 12:30 o de Secundaria na seguinte ligazón: Coaem administración - YouTube.
Agardámosvos!
Imagen

NOVAS SOBRE O MUSIQUEANDO

6/4/2021

 
Pese a este ano de pandemia que nos está obrigando a evitar moitas actividades, a COAEM segue loitando por visibilizar a nosa materia propoñendo, en lugar do habitual Musiqueando, que se celebra todos os anos, un Musiqueando nas redes.

A proposta sería a seguinte:
  • O día 5 de maio conectaremos en directo a través de Youtube con Santi Serratosa para aprender coreografías orixinales de percusión corporal creadas por el para esta celebración. O horario de conexión sería : 10:30 para Infantil e Primaria e 12:30h para Secundaria.
  • Durante as dúas seguintes semanas lanzarase un reto con estas coreografías.
  • A semana do 22 ao 29 de maio subirase o traballo destas coreografías ás redes coas seguintes etiquetas: #musiqueando2021, #musiqueandoviral, #nosimportalamusica.
A ligazón para acceder ao directo de Youtube estará dispoñible en breve na páxina web da COAEM. Se non podedes incorporarvos ao directo, teredes dispoñibles os dous vídeos na canle da COAEM.

Igual que en anos anteriores a música saíu das aulas ás rúas e prazas das nosas cidades, queremos que este ano saia ao mundo a través das Redes Sociais. Que a pandemia non faga esquecer o importante que é a música na vida de toda a sociedade.

Animádevos a participar!

Entrevista á presidenta de COAEM sobre Educación Musical

6/4/2021

 
Na seguinte ligazón poderedes acceder á entrevista realizada polo programa No es un día cualquiera de Radio Nacional á nosa estimada compañeira Almudena Vidal, actual presidenta da Confederación de Asociaciones de Educación Musical (COAEM), na que reivindica unha maior carga lectiva da asignatura.
Paga a pena escoitala, bo traballo!

Curso coros xuvenís

22/3/2021

 
Interesante curso para traballar con coros xuvenís.
Imagen

Adxudicación provisional no CXT

22/3/2021

 
Saíron as adxudicacións provisionais no CXT, podedes consultar toda a información na seguinte ligazón.

Felices festas!

23/12/2020

 
Imagen

Programa de profesorado visitante

22/12/2020

 
Está aberta a convocatoria para solicitar praza de profesorado visitante español no exterior para o curso 2021-22. Podedes consultar a información na seguinte ligazón. O prazo remata o 13 de xaneiro de 2021.

Curso online para comezar ben o ano

22/12/2020

 
Do 11 de xaneiro ao 19 de febreiro terá lugar este curso online sobre metodoloxías activas mediadas con tecnoloxía para a educación musical presencial e online. Está organizado desde ALDÁREA-CLM (Asociación Pro Educación Musical De Castilla-La Mancha) e recoñecido polo INTEF/MEC. Tedes ata o último día deste ano para apuntarvos. Se queredes consultar máis información só tedes que premer na seguinte imaxe:
​
Imagen

I Congreso virtual ADMURM

15/11/2020

 
Este semana celebrarase o I Congreso Virtual organizado por ADMURM (Asociación de Docentes de Música de la Región de Murcia). Está cargado de actividades interesantes e ademais a inscrición é gratuita. Podedes consultalo pinchando na seguinte imaxe:
Imagen
<<Anterior
Adelante>>

    Novas

    Nesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical.

    Publicacións

    Febrero 2023
    Julio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Septiembre 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Noviembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Julio 2020
    Abril 2020
    Marzo 2020
    Junio 2019
    Noviembre 2016

    Categorías

    Todos
    ANUNCIOS XUNTA
    ASOCIACIÓN
    ASOCIACIÓN
    CONVOCATORIAS
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EXPERIENCIAS MUSICAIS
    FORMACIÓN
    FORMACIÓN
    LEXISLACIÓN
    LEXISLACIÓN
    PROXECTOS DE INNOVACIÓN

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propia página web con plantillas personalizables.
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO