Este semana celebrarase o I Congreso Virtual organizado por ADMURM (Asociación de Docentes de Música de la Región de Murcia). Está cargado de actividades interesantes e ademais a inscrición é gratuita. Podedes consultalo pinchando na seguinte imaxe:
Nesta ligazón poderedes acceder a unha nova onde explican a metodoloxía que empregan as nosas compañeiras do IES Parga Pondal de Carballo. Noraboa!
Publicáronse tanto o Plan de continxencia ante o peche de aulas ou centros educativos coma unha nova actualización do protocolo de actuación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 e un Protocolo de actividades extraescolares en centros educativos non universitarios.
Podedes consultalos nas seguintes ligazóns: Plan de continxencia Actualización do protocolo. Protocolo de actividades extraescolares. Lembrámosvos que hoxe día 14, ás 20h teremos a asemblea ordinaria da asociación, que se celebrará por vía telemática. Tedes a ligazón da reunión xunto coa convocatoria na vosa caixa de correo.
Estamos desexando vervos! No seguinte Real Decreto, publicado no BOE de onte, 30 de setembro podedes consultar novos cambios que afectan a este curso 2020-21. Accedede a el na seguinte ligazón: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2020-11417
Publicouse unha nova modificación do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para este curso. É a versión do 16-09-2020 e podes consultala na seguinte ligazón.
Xúntase a Orde do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21. A ver se esta é a definitiva...
Podedes consultala aquí. Xa están dispoñibles as instrucións para este próximo curso. Podedes consultalas na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_do_30_de_xullo_2020.pdf
Os integrantes dos coros Tempo Novo, en Ferrol, e los de Peque Solidarium e Da Capo Solidarium, en Narón, seguen a ensaiar de forma virtual. Nesta ligazón podedes consultar a nova. Gran iniciativa!
|
NovasNesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical. Publicacións
Marzo 2024
Categorías
Todos
|