ASOMUSICA
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO

QUEN SOMOS

A Asociación do profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia (ASOMUSICA) nace  co fin de exercer de vehículo de comunicación e coordinación entre o Profesorado de Música de Galicia, tanto en materia pedagóxica como de formación, así como para defender os intereses do noso colectivo no ámbito do ensino e da sociedade.
​
​Consideramos a Música como unha peza clave na formación e no desenvolvemento integral das persoas, polo que realizamos actividades formativas e de intercambio de experiencias entre docentes que despois poidamos levar á aula para mellorar o noso labor diario, así como outras propostas musicais e culturais que dean visibilidade ao noso traballo e á nosa materia.

Ademais, ASOMUSICA é unha plataforma de unión desde onde realizar as reivindicacións e propostas do noso colectivo neste contexto de inestabilidade lexislativa no que estamos inmersos desde xa hai tempo.

XUNTA DIRECTIVA

Presidenta:
Blanca Bello Sobral
Vicepresidenta:
Lina Mª González López
Tesoureiro:
José A. García Mato
Secretario:
Joaquín Díaz Méndez
Vocais:
David Barros Alfaro
Javier Iglesias Regueira
Con tecnología de Crea tu propia página web con plantillas personalizables.
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO