QUEN SOMOS
En 1991 nace en Vigo a Asociación do profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia (Asomúsica), coa fin de exercer de vehículo de comunicación e coordinación entre o Profesorado de Música de Galicia, tanto en materia pedagóxica como de formación, así como para defender os intereses do colectivo no ámbito do ensino e da sociedade. Dende un primeiro momento establécense contactos a nivel estatal con profesionais da Educación musical de diversos puntos de España, con centro en Madrid. En 2004 constitúese a Confederación de Asociaciones de Educación Musical (COAEM), da cal Asomúsica forma parte inmediatamente. En 2024 Asomúsica consegue por fin un vello anceio: incluír ó imprescindible colectivo de mestras e mestres de Música de Ensino primario na asociación, para comezar unha nova andaina con máis ilusión e forza.
Consideramos a Música como unha peza clave na formación e no desenvolvemento integral das persoas, polo que dende esta asociación realizamos actividades formativas e de intercambio de experiencias entre docentes que despois poidamos levar á aula para mellorar o noso labor diario, así como outras propostas musicais e culturais que dean visibilidade ó noso traballo e á nosa materia.
Ademais, Asomúsica é unha plataforma de unión desde onde realizar as necesarias reivindicacións e propostas de dignificación do noso traballo e do noso colectivo, aínda tan pouco recoñecidos.
Desde abril de 2024 intégranse tamén Mestres de Primaria na asociación. Así, modifícase o seu nome, que pasa a ser Asociación de Docentes de Música de Galicia, mantendo o diminutivo de Asomúsica.

- Consideramos moi importante - como se fixo noutras comunidades - que na educación primaria o alumnado reciba 2 horas semanais de formación musical. Un aumento horario na educación primaria repercutiría moi positivamente na educación das nenas e nenos, no colexio e no resto de etapas educativas.
- Cantos máis membros integremos a asociación, teremos máis posibilidades de compartir ideas e de facer oír as nosas reivindicacións.
- As reivindicacións que estamos a facer en prol do ensino musical son semellantes e necesarias tanto en primaria coma en secundaria.
- Únete para enriquecer o noso colectivo e facelo máis forte!
XUNTA DIRECTIVA
Presidenta:
Gracia Rodríguez Blanco
Vicepresidenta:
Beatriz Alonso Pérez-Ávila
Tesoureiro:
José A. García Mato
Secretario:
Antonio Orosa Paz
Vocais:
Irene Caeiro Cebrián
Almudena Vidal Varela
Gracia Rodríguez Blanco
Vicepresidenta:
Beatriz Alonso Pérez-Ávila
Tesoureiro:
José A. García Mato
Secretario:
Antonio Orosa Paz
Vocais:
Irene Caeiro Cebrián
Almudena Vidal Varela