"Webinar" para resolver dúbidas ou comentarios sobre este Musiqueando.
ENLACE Á REUNIÓN EN ZOOM ID de reunión: 860 9201 0848 Código de acceso: 696391 O sábado 25 de febreiro teremos no CMUS de Santiago de Compostela un curso sobre aplicacións didácticas do noso folclore. Con catro obradoiros sobre canto con pandeireta, baile, regueifa e didáctica, teremos 8 horas de intensa formación a cargo de catro nomes ben coñecidos no mundo da música tradicional galega: Lola de Ribeira, Chus Caramés, Manolo Maseda e Manuele Pardo.
Horario: de 10h a 14h, e de 16h a 20h. Entra no formulario para ver os detalles sobre a inscrición. E aproveita para asociarte e facer máis forza! INSCRICIÓN Ó CURSO Logo da última asemblea extraordinaria, contamos con nova xunta directiva. Noraboa e moito ánimo para esta nova etapa!
Este sábado, 21 de maio tiveron lugar as IV Xornadas do Ensino Musical, organizadas desde esta asociación no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Fantásticas ponencias e obradoiros para inspirar o noso traballo diario. Noraboa a ponentes e participantes!
Lembrarvos que o luns 23 de maio terá lugar a asemblea ordinaria de socixs e a continuación unha sesión extraordinaria na que tocará a renovación da xunta directiva.
Animádevos e presentade candidaturas! Seguimos reivindicando a educación musical. Non podemos consentir que a súa presenza sexa tan residual no noso sistema educativo. Galicia será unha das Comunidades Autónomas nas que esta área terá menos peso, mentres que outras CCAA consolidarán a presenza da Música.
A Música ten moi pouca presenza dende sempre no Ensino Xeral de Galicia e coa implantación da LOMLOE non se vai a reforzar. A súa oferta en Educación Infantil depende de cada centro e en Educación Primaria só se impartirá 1 hora á semana, pese á importancia que ten para o alumnado destas idades. Na ESO a situación non mellorará, ao non haber continuidade entre Primaria e Secundaria por non ofertarse ningunha materia musical en 1º de ESO e desaparecer a optativa de Artes Escénicas e Danza en 4º de ESO. Ademais, no Bacharelato, coa proposta autonómica de currículos LOMLOE o alumnado vai ter moi difícil cursar unha materia de temática musical noutra modalidade que non sexa a vía de Música e Artes Escénicas, que se imparte en moi poucos centros. Ante esta situación, e coñecedores dos beneficios que a Música aporta, non só ao noso alumnado, senón a toda a sociedade, temos que actuar. Por favor, firmade a nosa petición e axudádenos a difundila a ver se por fin se dignan a escoitarnos. Grazas! https://chng.it/DKhhJWbvJz Xa temos todo preparado para celebrar as IV Xornadas do Ensino Musical. Celebraranse o sábado, 21 de maio no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Trataranse temas como a nova lexislación, aplicación de novas metodoloxías e tecnoloxías na aula de Música e haberá un obradoiro de Soundpainting. Podedes inscribirvos cubrindo o seguinte formulario e enviando o xustificante de pago ao correo asomusica@gmail.com. Tedes toda a información no seguinte tríptico: ![]()
Hoxe a nosa presidenta tivo unha pequena intervención no informativo de RNE para explicar a nosa situación e as consecuencias que terán os novos cambios educativos que trae a aplicación da LOMLOE en Galicia.
Podedes escoitala na seguinte ligazón: https://www.rtve.es/play/audios/informativo-de-galicia/cronica-galicia-21-04-22-escuchar-ahora/6501377/ #nosimportalamusica #educaconmusica #musicanobacharelato Ante esta proposta de currículo da LOMLOE para Galicia, tan lesiva para a educación musical e para o noso colectivo, non podemos quedarnos calados. Os medios de comunicación estanse facendo eco da nosa situación e axudándonos a dar a voz de alarma.
https://www.farodevigo.es/galicia/2022/04/20/indignacion-profesores-musica-nuevo-curriculo-65203622.html https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2022/04/20/ganan-pierden-nuevos-horarios-lomloe/00031650476011880723350.htm #educaconmusica #musicanobacharelato #nosimportalamusica É sabido que a música mellora a concentración, a memoria, a coordinación, a expresión, as habilidades de síntese, a empatía, o traballo en equipo e o desenvolvemento cognitivo. Tamén promove a integración, o intercambio de ideas, o respecto dos compañeiros, a creatividade e o desenvolvemento da intelixencia emocional.
En pleno confinamento a música amosou o seu papel relevante como vehículo xestor de emocións a través do que puidemos expresarnos e reducir o medo, a ansiedade e o estrés. A pesar de todo isto, vemos con estupor que na proposta curricular de Galicia non se contempla ningunha materia de temática musical, nin sequera con carácter optativo en ningunha modalidade de Bacharelato que non sexa a de Artes pola Vía de Música e Artes Escénicas, que se oferta en moi poucos centros de Galicia. A educación artística en xeral xa ten pouca presenza na Educación Primaria e na ESO. Se ademais desaparece do Bacharelato, o 95% do alumnado non terá apenas formación musical, que será unicamente para o 5% que asiste a Escolas de Música e Conservatorios. É a educación musical un luxo ou é un dereito para todo o alumnado? Queremos preparar á xuventude para o mundo actual, onde o traballo colaborativo, a educación emocional, o uso da tecnoloxía e a creatividade son aspectos fundamentais, pero á vez eliminamos dos currículos as materias nas que mellor se poden traballar todos eles. Ademais, se o alumnado non conta con formación artística de base, que vai pasar nun futuro co tecido cultural de todo o país? Debemos preparar ao alumnado para os retos do futuro a través da transversalidade, o traballo en equipo e a creatividade, polo que as ensinanzas artísticas, e en especial a música son fundamentais. Rectificar é de sabios e a administración aínda está a tempo de facelo. |
NovasNesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical. Publicacións
Febrero 2023
Categorías
Todos
|