ASOMUSICA
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO

PRÓXIMA ASEMBLEA DE ASOMÚSICA E RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

15/5/2022

 
Lembrarvos que o luns 23 de maio terá lugar a asemblea ordinaria de socixs e a continuación unha sesión extraordinaria na que tocará a renovación da xunta directiva.

​Animádevos e presentade candidaturas!


IV XORNADAS DO ENSINO MUSICAL

5/5/2022

 
Xa temos todo preparado para celebrar as IV Xornadas do Ensino Musical. Celebraranse o sábado, 21 de maio no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Trataranse temas como a nova lexislación, aplicación de novas metodoloxías e tecnoloxías na aula de Música e haberá un obradoiro de Soundpainting.
Podedes inscribirvos cubrindo o seguinte formulario e enviando o xustificante de pago ao correo asomusica@gmail.com.
​Tedes toda a información no seguinte tríptico:
tríptico_xornadas_2022.pdf
File Size: 323 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

Imagen
Imagen

NOVA EDICIÓN DO MUSIQUEANDO!

8/3/2022

 
Imagen
Xa temos data para a convocatoria do Musiqueando 2022- #nosimportalamúsica. Este 28 de abril sairemos a tocar á rúa para celebrar un día de festa pola Música escolar.
Se aínda non o coñecedes ou se precisades máis información, premede na seguinte ligazón.

​Enchamos España de Música!

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE MÚSICA NAS OPOSICIÓNS DE 2022

14/1/2022

 
A Xunta de Galicia acaba de anunciar a convocatoria de prazas nas oposicións de educación de 2022. Por primeira vez desde hai moitos anos a convocatoria inclúe prazas de Música para o corpo de ensino Secundario.
Podedes ampliar a información na seguinte ligazón ou consultando o dossier.
20220114anexomesasectorialoposicionsdistribucionespecialidades.pdf
File Size: 518 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

Mobilización en defensa da educación musical

9/12/2021

 
Imagen
O próximo 18 de decembro, ASOMUSICA vai unirse ás mobilizacións convocadas desde a COAEM en defensa da Educación Musical, para reclamar ás autoridades educativas que se inclúa a materia de Música en todos os niveis do ensino obrigatorio (Infantil, Primaria e E.S.O.) e Bacharelato, así como unha maior presenza lectiva dentro do sistema educativo.
Achégate á praza do Toural de Santiago de Compostela ás 12h para a concentración e anímate a cantar con nós a peza que xuntamos. 
​
Agardámoste!!

sine_musica_nulla_vita.pdf
File Size: 119 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

Programa de profesorado visitante

22/12/2020

 
Está aberta a convocatoria para solicitar praza de profesorado visitante español no exterior para o curso 2021-22. Podedes consultar a información na seguinte ligazón. O prazo remata o 13 de xaneiro de 2021.

    Novas

    Nesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical.

    Publicacións

    Febrero 2023
    Julio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Septiembre 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Noviembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Julio 2020
    Abril 2020
    Marzo 2020
    Junio 2019
    Noviembre 2016

    Categorías

    Todos
    ANUNCIOS XUNTA
    ASOCIACIÓN
    ASOCIACIÓN
    CONVOCATORIAS
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EXPERIENCIAS MUSICAIS
    FORMACIÓN
    FORMACIÓN
    LEXISLACIÓN
    LEXISLACIÓN
    PROXECTOS DE INNOVACIÓN

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propia página web con plantillas personalizables.
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO