ASOMUSICA
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO

Intervención da nosa presidenta en RNE

21/4/2022

 
Hoxe a nosa presidenta tivo unha pequena intervención no informativo de RNE para explicar a nosa situación e as consecuencias que terán os novos cambios educativos que trae a aplicación da LOMLOE en Galicia.
Podedes escoitala na seguinte ligazón: https://www.rtve.es/play/audios/informativo-de-galicia/cronica-galicia-21-04-22-escuchar-ahora/6501377/

#nosimportalamusica
#educaconmusica
​#musicanobacharelato

DEFENDENDO A EDUCACIÓN MUSICAL NO BACHARELATO

21/4/2022

 
Ante esta proposta de currículo da LOMLOE para Galicia, tan lesiva para a educación musical e para o noso colectivo, non podemos quedarnos calados. Os medios de comunicación estanse facendo eco da nosa situación e axudándonos a dar a voz de alarma.

https://www.farodevigo.es/galicia/2022/04/20/indignacion-profesores-musica-nuevo-curriculo-65203622.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2022/04/20/ganan-pierden-nuevos-horarios-lomloe/00031650476011880723350.htm
​
#educaconmusica
#musicanobacharelato
#nosimportalamusica

Real Decreto 157/2022 ordenación E. Primaria

6/3/2022

 
Saíu publicado no BOE o Real Decreto que establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Primaria. Podedes consultalo na seguinte ligazón.
Seguramente pronto sairá o de Ensino Secundario. Estaremos atent@s!

#ALOMLOETAMPOUCOEDUCACONMÚSICA

18/12/2021

 
O sábado, día 18, acudimos á concentración en defensa do ensino musical que se celebrou na Praza do Toural de Santiago de Compostela no marco da convocatoria da COAEM para todo o Estado Español. O obxectivo é reivindicar un ensino musical digno e suficiente para todo o alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Pedimos un maior número de horas de música en todas as etapas obrigatorias e, en Bacharelato, garantir a optatividade en todas as modalidades ofrecendo materias optativas de música. 
A prensa tamén se fixo eco das nosas reivindicacións. Podedes consultalo na seguinte ligazón.​
Imagen

Plan de continxencia e actualización do protocolo ante a COVID-19

11/11/2020

 
Publicáronse tanto o Plan de continxencia ante o peche de aulas ou centros educativos coma unha nova actualización do protocolo de actuación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 e un Protocolo de actividades extraescolares en centros educativos non universitarios.
Podedes consultalos nas seguintes ligazóns:
Plan de continxencia
Actualización do protocolo.
Protocolo de actividades extraescolares.

    Novas

    Nesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical.

    Publicacións

    Febrero 2023
    Julio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Septiembre 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Noviembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Julio 2020
    Abril 2020
    Marzo 2020
    Junio 2019
    Noviembre 2016

    Categorías

    Todos
    ANUNCIOS XUNTA
    ASOCIACIÓN
    ASOCIACIÓN
    CONVOCATORIAS
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EXPERIENCIAS MUSICAIS
    FORMACIÓN
    FORMACIÓN
    LEXISLACIÓN
    LEXISLACIÓN
    PROXECTOS DE INNOVACIÓN

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propia página web con plantillas personalizables.
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO