Hoxe a nosa presidenta tivo unha pequena intervención no informativo de RNE para explicar a nosa situación e as consecuencias que terán os novos cambios educativos que trae a aplicación da LOMLOE en Galicia.
Podedes escoitala na seguinte ligazón: https://www.rtve.es/play/audios/informativo-de-galicia/cronica-galicia-21-04-22-escuchar-ahora/6501377/ #nosimportalamusica #educaconmusica #musicanobacharelato Ante esta proposta de currículo da LOMLOE para Galicia, tan lesiva para a educación musical e para o noso colectivo, non podemos quedarnos calados. Os medios de comunicación estanse facendo eco da nosa situación e axudándonos a dar a voz de alarma.
https://www.farodevigo.es/galicia/2022/04/20/indignacion-profesores-musica-nuevo-curriculo-65203622.html https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2022/04/20/ganan-pierden-nuevos-horarios-lomloe/00031650476011880723350.htm #educaconmusica #musicanobacharelato #nosimportalamusica É sabido que a música mellora a concentración, a memoria, a coordinación, a expresión, as habilidades de síntese, a empatía, o traballo en equipo e o desenvolvemento cognitivo. Tamén promove a integración, o intercambio de ideas, o respecto dos compañeiros, a creatividade e o desenvolvemento da intelixencia emocional.
En pleno confinamento a música amosou o seu papel relevante como vehículo xestor de emocións a través do que puidemos expresarnos e reducir o medo, a ansiedade e o estrés. A pesar de todo isto, vemos con estupor que na proposta curricular de Galicia non se contempla ningunha materia de temática musical, nin sequera con carácter optativo en ningunha modalidade de Bacharelato que non sexa a de Artes pola Vía de Música e Artes Escénicas, que se oferta en moi poucos centros de Galicia. A educación artística en xeral xa ten pouca presenza na Educación Primaria e na ESO. Se ademais desaparece do Bacharelato, o 95% do alumnado non terá apenas formación musical, que será unicamente para o 5% que asiste a Escolas de Música e Conservatorios. É a educación musical un luxo ou é un dereito para todo o alumnado? Queremos preparar á xuventude para o mundo actual, onde o traballo colaborativo, a educación emocional, o uso da tecnoloxía e a creatividade son aspectos fundamentais, pero á vez eliminamos dos currículos as materias nas que mellor se poden traballar todos eles. Ademais, se o alumnado non conta con formación artística de base, que vai pasar nun futuro co tecido cultural de todo o país? Debemos preparar ao alumnado para os retos do futuro a través da transversalidade, o traballo en equipo e a creatividade, polo que as ensinanzas artísticas, e en especial a música son fundamentais. Rectificar é de sabios e a administración aínda está a tempo de facelo. |
NovasNesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical. Publicacións
Mayo 2024
|