O sábado, día 18, acudimos á concentración en defensa do ensino musical que se celebrou na Praza do Toural de Santiago de Compostela no marco da convocatoria da COAEM para todo o Estado Español. O obxectivo é reivindicar un ensino musical digno e suficiente para todo o alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Pedimos un maior número de horas de música en todas as etapas obrigatorias e, en Bacharelato, garantir a optatividade en todas as modalidades ofrecendo materias optativas de música. A prensa tamén se fixo eco das nosas reivindicacións. Podedes consultalo na seguinte ligazón. Los comentarios están cerrados.
|
NovasNesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical. Publicacións
Mayo 2024
Categorías
Todos
|