ASOMUSICA
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO

CURRÍCULO LOMLOE, OUTRO GOLPE PARA A MÚSICA

20/4/2022

 
É sabido que a música mellora a concentración, a memoria, a coordinación, a expresión, as habilidades de síntese, a empatía, o traballo en equipo e o desenvolvemento cognitivo. Tamén promove a integración, o intercambio de ideas, o respecto dos compañeiros, a creatividade e o desenvolvemento da intelixencia emocional.

En pleno confinamento a música amosou o seu papel relevante como vehículo xestor de emocións a través do que puidemos expresarnos e reducir o medo, a ansiedade e o estrés.

A pesar de todo isto, vemos con estupor que na proposta curricular de Galicia non se contempla ningunha materia de temática musical, nin sequera con carácter optativo en ningunha modalidade de Bacharelato que non sexa a de Artes pola Vía de Música e Artes Escénicas, que se oferta en moi poucos centros de Galicia. 

A educación artística en xeral xa ten pouca presenza na Educación Primaria e na ESO. Se ademais desaparece do Bacharelato, o 95% do alumnado non terá apenas formación musical, que será unicamente para o 5% que asiste a Escolas de Música e Conservatorios. É a educación musical un luxo ou é un dereito para todo o alumnado?

Queremos preparar á xuventude para o mundo actual, onde o traballo colaborativo, a educación emocional, o uso da tecnoloxía e a creatividade son aspectos fundamentais, pero á vez eliminamos dos currículos as materias nas que mellor se poden traballar todos eles. Ademais, se o alumnado non conta con formación artística de base, que vai pasar nun futuro co tecido cultural de todo o país?

Debemos preparar ao alumnado para os retos do futuro a través da transversalidade, o traballo en equipo e a creatividade, polo que as ensinanzas artísticas, e en especial a música son fundamentais. Rectificar é de sabios e a administración aínda está a tempo de facelo.


Los comentarios están cerrados.

    Novas

    Nesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical.

    Publicacións

    Febrero 2023
    Julio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Septiembre 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Noviembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Julio 2020
    Abril 2020
    Marzo 2020
    Junio 2019
    Noviembre 2016

    Categorías

    Todos
    ANUNCIOS XUNTA
    ASOCIACIÓN
    ASOCIACIÓN
    CONVOCATORIAS
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EXPERIENCIAS MUSICAIS
    FORMACIÓN
    FORMACIÓN
    LEXISLACIÓN
    LEXISLACIÓN
    PROXECTOS DE INNOVACIÓN

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propia página web con plantillas personalizables.
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO