ASOMUSICA
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO

DEFENDENDO A EDUCACIÓN MUSICAL NO BACHARELATO

21/4/2022

 
Ante esta proposta de currículo da LOMLOE para Galicia, tan lesiva para a educación musical e para o noso colectivo, non podemos quedarnos calados. Os medios de comunicación estanse facendo eco da nosa situación e axudándonos a dar a voz de alarma.

https://www.farodevigo.es/galicia/2022/04/20/indignacion-profesores-musica-nuevo-curriculo-65203622.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2022/04/20/ganan-pierden-nuevos-horarios-lomloe/00031650476011880723350.htm
​
#educaconmusica
#musicanobacharelato
#nosimportalamusica

CURRÍCULO LOMLOE, OUTRO GOLPE PARA A MÚSICA

20/4/2022

 
É sabido que a música mellora a concentración, a memoria, a coordinación, a expresión, as habilidades de síntese, a empatía, o traballo en equipo e o desenvolvemento cognitivo. Tamén promove a integración, o intercambio de ideas, o respecto dos compañeiros, a creatividade e o desenvolvemento da intelixencia emocional.

En pleno confinamento a música amosou o seu papel relevante como vehículo xestor de emocións a través do que puidemos expresarnos e reducir o medo, a ansiedade e o estrés.

A pesar de todo isto, vemos con estupor que na proposta curricular de Galicia non se contempla ningunha materia de temática musical, nin sequera con carácter optativo en ningunha modalidade de Bacharelato que non sexa a de Artes pola Vía de Música e Artes Escénicas, que se oferta en moi poucos centros de Galicia. 

A educación artística en xeral xa ten pouca presenza na Educación Primaria e na ESO. Se ademais desaparece do Bacharelato, o 95% do alumnado non terá apenas formación musical, que será unicamente para o 5% que asiste a Escolas de Música e Conservatorios. É a educación musical un luxo ou é un dereito para todo o alumnado?

Queremos preparar á xuventude para o mundo actual, onde o traballo colaborativo, a educación emocional, o uso da tecnoloxía e a creatividade son aspectos fundamentais, pero á vez eliminamos dos currículos as materias nas que mellor se poden traballar todos eles. Ademais, se o alumnado non conta con formación artística de base, que vai pasar nun futuro co tecido cultural de todo o país?

Debemos preparar ao alumnado para os retos do futuro a través da transversalidade, o traballo en equipo e a creatividade, polo que as ensinanzas artísticas, e en especial a música son fundamentais. Rectificar é de sabios e a administración aínda está a tempo de facelo.

NOVA EDICIÓN DO MUSIQUEANDO!

8/3/2022

 
Imagen
Xa temos data para a convocatoria do Musiqueando 2022- #nosimportalamúsica. Este 28 de abril sairemos a tocar á rúa para celebrar un día de festa pola Música escolar.
Se aínda non o coñecedes ou se precisades máis información, premede na seguinte ligazón.

​Enchamos España de Música!

Real Decreto 157/2022 ordenación E. Primaria

6/3/2022

 
Saíu publicado no BOE o Real Decreto que establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Primaria. Podedes consultalo na seguinte ligazón.
Seguramente pronto sairá o de Ensino Secundario. Estaremos atent@s!

VIII Congreso Nacional de Educación Musical Con Euterpe

1/3/2022

 
Imagen
Xa están dispoñibles as entradas para o Congreso #ConEuterpe que se celebrará en Logroño do 6 ao 8 de maio. Poderedes desfrutar de experiencias educativas, ponencias, obradoiros e actuacións musicais. Tedes toda a información na seguinte ligazón.
​Animádevos!

I Foro por la Educación Musical de España

1/2/2022

 
Imagen
Xa temos información sobre o Foro de educación musical que organiza a COAEM coa colaboración de Apemex e a Universidade de Extremadura. Terá lugar en Badajoz do 24 ao 26 de marzo e contará con mesas de debate, obradoiros, comunicacións de expertos e de experiencias de aula... e poderase participar en modalidade presencial ou virtual. Por suposto, como membros da COAEM, @s asociad@s de ASOMUSICA terán un desconto na inscrición.

Ademais, este I Foro por la Educación Musical de España (#FOROEM22Badajoz) convida a docentes (de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bachalerato, Escolas de Música, Conservatorios, Ciclos Formativos), investigadores, persoas e colectivos interesados en hacer aportes relacionados coa Educación Musical, a enviar a súa proposta/resumo de traballos en formato Comunicación (15 minutos), Mesa redonda-Simposio (ata 60 minutos) e Póster. Se vos interesa esta opción tedes ata o 13 de febreiro para enviar a vosa proposta.

Tedes a información completa co programa, poñentes... na web do Foro. 

Animádevos a participar!

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE MÚSICA NAS OPOSICIÓNS DE 2022

14/1/2022

 
A Xunta de Galicia acaba de anunciar a convocatoria de prazas nas oposicións de educación de 2022. Por primeira vez desde hai moitos anos a convocatoria inclúe prazas de Música para o corpo de ensino Secundario.
Podedes ampliar a información na seguinte ligazón ou consultando o dossier.
20220114anexomesasectorialoposicionsdistribucionespecialidades.pdf
File Size: 518 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

Felices Festas!

23/12/2021

 
Imagen

#ALOMLOETAMPOUCOEDUCACONMÚSICA

18/12/2021

 
O sábado, día 18, acudimos á concentración en defensa do ensino musical que se celebrou na Praza do Toural de Santiago de Compostela no marco da convocatoria da COAEM para todo o Estado Español. O obxectivo é reivindicar un ensino musical digno e suficiente para todo o alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Pedimos un maior número de horas de música en todas as etapas obrigatorias e, en Bacharelato, garantir a optatividade en todas as modalidades ofrecendo materias optativas de música. 
A prensa tamén se fixo eco das nosas reivindicacións. Podedes consultalo na seguinte ligazón.​
Imagen

Mobilización en defensa da educación musical

9/12/2021

 
Imagen
O próximo 18 de decembro, ASOMUSICA vai unirse ás mobilizacións convocadas desde a COAEM en defensa da Educación Musical, para reclamar ás autoridades educativas que se inclúa a materia de Música en todos os niveis do ensino obrigatorio (Infantil, Primaria e E.S.O.) e Bacharelato, así como unha maior presenza lectiva dentro do sistema educativo.
Achégate á praza do Toural de Santiago de Compostela ás 12h para a concentración e anímate a cantar con nós a peza que xuntamos. 
​
Agardámoste!!

sine_musica_nulla_vita.pdf
File Size: 119 kb
File Type: pdf
Descargar archivo

<<Anterior
Adelante>>

    Novas

    Nesta sección poderedes atopar novas relacionadas coa asociación ou coa educación musical.

    Publicacións

    Mayo 2024
    Marzo 2024
    Febrero 2023
    Julio 2022
    Mayo 2022
    Abril 2022
    Marzo 2022
    Febrero 2022
    Enero 2022
    Diciembre 2021
    Noviembre 2021
    Septiembre 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Marzo 2021
    Diciembre 2020
    Noviembre 2020
    Octubre 2020
    Septiembre 2020
    Julio 2020
    Abril 2020
    Marzo 2020
    Junio 2019
    Noviembre 2016

    Categorías

    Todos
    ANUNCIOS XUNTA
    ASOCIACIÓN
    ASOCIACIÓN
    CONVOCATORIAS
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EDUCACIÓN MUSICAL
    EXPERIENCIAS MUSICAIS
    FORMACIÓN
    FORMACIÓN
    LEXISLACIÓN
    LEXISLACIÓN
    PROXECTOS DE INNOVACIÓN

    Fuente RSS

Con tecnología de Crea tu propia página web con plantillas personalizables.
  • INICIO
  • Quen somos
  • NOVAS
  • ASÓCIATE
  • RECURSOS
  • CONTACTO

Asociación de Docentes de Música de Galicia
ASOMÚSICA
Inscrita no rexistro de asociacións co número 2004/07643-1

ASOMUSICA